O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antón Arias, aposta por "unha consulta pactada e con garantías" en Catalunya. Afirmouno durante unha entrevista na Radio Galega.
Fálase
Rajoy reúne esta mañá o Consello de Ministros para tomar medidas contra o Govern da Generalitat, segundo anunciou a vicepresidenta Sáenz de Santamaría, que se negou ao diálogo nunha comparecencia sen preguntas. Prevese que sexa enviado un requerimento a Puigdemont, entre outras vías posibles.
Puigdemont "asume" o "mandato de que Catalunya se converta nun Estado independente en forma de República” pero propón “suspender” os efectos da declaración de independencia para abrir un diálogo. Máis información aquí, e aquí a retransmisión do Pleno.
Land Rober, da TVG, premiado como mellor programa das televisións autonómicas pola Academia Española de Televisión nos seus Premios Iris, que se entregarán o 24 de outubro.
A Policía está preparada para deter a Puigdemont se declara a independencia, segundo asegura a axencia internacional Bloomberg.
Anticorrupción mantén a petición de 85 anos e 6 meses de cárcere para o ex-número 3 do PPdeG no xuízo da Gürtel. Pablo Crespo, que negou todos os feitos, xa foi condenado a 13 anos de prisión na primeira sentenza sobre a trama corrupta. Unha información de eldiario.es
VÍDEO | O voceiro do PP, Pablo Casado, defendeu este luns a "ilegalización" de formacións independentistas e equiparounos coas formacións nazis en Alemaña. Fíxoo na mesma comparecencia na que afirmou que Puigdemont pode "acabar" como Lluís Companys se declara a independencia catalá. Asegura estar a prol desa ilegalización a título "persoal".
O pleno da Coruña aproba a moción de apoio a Cuac FM co voto a prol de todos os grupos agás o PP. O texto foi asinado conxuntamente por Marea Atlántica, PSdeG e BNG tras a suspensión das emisións analóxicas da emisora comunitaria, obrigada pola ameaza de sanción de ata 200.000 euros por parte da Xunta.
O Corredor do Morrazo volve estar cortado dende hoxe e ata dentro de 7 meses polas obras de desdobramento. O corte afecta desta volta ao treito entre Domaio e Meira. Nos anteriores cortes concellos da comarca como Moaña reclamaron reforzar a seguridade e o transporte público na contorna mentres durasen os traballos.
VÍDEO | Casado (PP) advirte a Puigdemont de que "pode acabar" como Lluís Companys se declara a independencia catalá. O histórico presidente da Generalitat proclamou o Estado catalán en 1934 e foi detido por facelo. En 1940 foi prendido pola GESTAPO en Francia e trasladado a España para poñelo á disposición da ditadura, que o fusilou. O dirixente popular viuse obrigado a matizar que se refire á detención e non ao fusilamento.