54 países africanos piden a Trump que se retracte das súas palabras sobre Haiti, El Salvador e algunhas nacións de África, dos que dixo nunha xuntanza que eran "países de merda", apostando por recibir inmigración "de países como Noruega"
Fálase
Todos os grupos do pleno de Pontevedra agás o PP censuran que Rajoy defendese o militar golpista Salvador Moreno ao cuestionar que se retirase o seu nome a unha rúa da cidade. O voceiro popular, Jacobo Moreira, reduciu o comentario a un "chascarrillo". "Dejemos de hacer el parvo", reclamou durante o debate da moción, formulada polo BNG. Crónica de Pontevedra Viva
Miguel Anxo Fernán-Vello asume a portavocía de En Marea no Congreso durante este semestre. O deputado por Lugo comezou a exercer este venres o posto rotatorio que durante a lexislatura xa ocuparon Alexandra Fernández, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz. Este era un dos acordos de funcionamento da formación, integrada no grupo parlamentario con Unidos Podemos en En Comú.
Así controla e limita a Fundación Franco o acceso a case 30.000 documentos oficiais dixitalizados grazas ao diñeiro público. Relátao o xornalista Carlos Hernández nesta reportaxe: Unha visita (obrigada) á Fundación Francisco Franco
O Supremo impide que Oriol Junqueras, Jordi Sànchez e Joaquim Forn saian da cadea para ir ao Parlament.
Catalunya e Galicia encabezaron en novembro a redución no ritmo de creación de empresas, segundo os datos publicados este venres polo INE. Durante 2016 seis de cada dez concellos galegos perderon empresas.
A Eurocámara propón a celebración das eleccións europeas entre o 23 e o 26 de maio de 2019. Os gobernos estatais teñen agora que determinar a data exacta e no caso español, a xornada elixida será con toda probabilidade o día 26, cadrando así coas eleccións municipais e mais coas autonómicas na maioría das comunidades 'de vía lenta', que como normal xeral se celebran o cuarto domingo de maio cada catro anos.
A praia do Rostro (Fisterra) e outros areais da Costa da Morte énchense de botes de leite condensado ou paquetes de tabaco, parte da carga que hai uns días caeu ao mar dende o buque “MSC Eloane” a 40 millas da costa. Cóntao Que Pasa na Costa
O Colexio Oficial de Psicoloxía detectou 31 casos de intrusismo en Galicia en 2017. Entre as situacións investigadas están a de exercer sen contar coa titulación, publicidade enganosa, ou anunciarse como especialista sen contar coa debida formación
O Goberno impón un límite do 50% do gasto aos ministerios ata que haxa orzamentos. Os gastos adicionais terán que contar co visto bo do Ministerio de Facenda