Dimite o presidente da patronal galega, Antón Arias, tras meses de manobras dos seus críticos. Desde a súa chegada á presidencia da CEG hai un ano, Arias apostou por subir soldos e defendeu unha consulta pactada en Catalunya.
Fálase
A nova xuíza española no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos escribiu artigos nos que vincula homosexualidade e enfermidade. É unha exclusiva de eldiario.es, que traza o perfil de María Elósegui.
EPA | Galicia rematou 2017 cun leve ascenso do paro, dunhas 400 persoas, e unha baixada interanual de 22.100. A Enquisa de Poboación Activa do cuarto trimestre do pasado ano rematou con 16.700 persoas menos con traballo que no trimestre previo e 6.200 persoas máis que un ano antes. Consulta aquí a información polo miúdo.
O tribunal confirma a condena a Lula da Silva por corrupción. O ex-presidente brasileiro advirte de que seguirá adiante coa súa candidatura presidencial polo PT mentres formula recursos ao ditame xudicial. Cóntao Carta Capital
AUDIO Rajoy chama a "non meterse" dende o Goberno de España en sancionar ás empresas que pagan menos ás mulleres polo mesmo traballo que aos homes. Afirmouno nunha entrevista en Onda Cero recollida por eldiario.es, que detalla as competencias do Executivo estatal neste ámbito. En Galicia o salario medio das mulleres é uns 4.000 euros brutos anual inferior ao dos homes.
Abanca rematou 2017 cunhas ganancias de 367 millóns de euros, un 10% máis que o ano anterior. Así o destacou a entidade que mercou as antigas caixas na súa presentación de resultados, na que subliñou a súa "sólida capacidade de xeración de rendibilidade"
O ex-secretario xeral do PP en Valencia admite ante o xuíz do caso Gürtel que o partido "se financiaba con diñeiro negro". Está a contalo Sergi Pitarch para eldiario.es
A Garda Civil rexistra as sedes da ANC e de Òmnium Cultural. Segundo Catalunya Ràdio, os axentes entraron nos despachos dos seus líderes, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, que seguen presos.
Antón Lopo gaña a VI edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, que organiza o Concello de Fornelos de Montes xunto á asociación vecñan O Cruceiro da Laxe.
O V Foro Radio Coruña debateu este martes, coa participación de Praza Pública, sobre a información local e o futuro dos medios de comunicación. O encontro foi tamén homenaxe a Ángel Gómez Hervada, director da emisora coruñesa falecido recentemente.