O Tribunal Supremo investigará a Telmo Martín por tráfico de influencias. A investigación xirará ao redor da venda de parte dos terreos nos que Construcuatro, da que era accionista, construíu un edificio, e a súa posterior recualificación por parte do Concello de Sanxenxo, do que Martín era alcalde.
Fálase
La Región salienta que Estela Eólica presenta por fin o seu proxecto para a incineradora do Irixo. O alcalde deste concello, Manuel Penedo, cualificouno de "boa nova", aínda que recoñeceu que o soubo polo propio xornal e que os comuneros de O Campo non volveron ter contactos coa empresa.
El Periódico dedícalle a súa portada ao caso dun arquitecto de Mataró que perdeu a súa tarxeta sanitaria por ter máis de 26 anos e non ter cotizado nunca
Anonymous hackea a web de Carbunion, a patronal do carbón, e filtra 140 megas de datos
Os traballadores rexeitan a recualificación dos terreos de Barreras. O plan prevé que 11 mil metros cadrados se dediquen a usos residenciais, no que uns ven un "pelotazo" e outros "pan para hoxe e fame para mañá"
Máis de dez mil persoas maniféstanse pola noite en León polo futuro da minaría
Villaweb entrevista o deputado do PP no parlament balear que rachou a disciplina de voto do seu partido e se negou a apoiar as medidas que limitan o uso do catalán nas illas.
Varios centos de persoas acudiron esta tarde ás dez concentracións convocadas polo BNG para "denunciar" a "gran estafa" que, din, supón o rescate bancario. A CIG tamén vén de convocar mobilizacións para este venres e unha manifestación para o 1 de xullo. Na imaxe, a mobilización da Coruña.
Esta tarde faleceu Bernardo García Cendán, sociólogo, educador, crego e un dos principais impulsores de Encrucillada e Irimia.
Bronco debate no Parlamento sobre a Lei de Dependencia. A conselleira de Benestar, Beatriz Mato, espétalle ao PSdeG que "aínda que fosen a Lourdes camiñando ata 2014 non lles chegaría para pedirlles desculpas aos galegos" porque "teñen moitas culpas que expiar".