Unha sentenza conclúe que os terreos nos que se sitúa o Hospital Montecelo (Pontevedra) pertencen aos comuneiros de Mourente. En 2011 a xustiza xa recoñecera a propiedade comunal do espazo que ocupa a Brilat. As parcelas de Montecelo foron expropiadas polo Estado durante a ditadura franquista, ao igual que moitas outras propiedades de tipo comunal nos anos 60 e 70.
Fálase
Unha ducia de detidos nunha operación policial contra a fraude fiscal en Vigo. A fraude atribuída ao Grupo Hermida podería chegar aos 12 millóns de euros
A Confederacion de Empresarios de Galicia (CEG) busca liquidez en varias entidades bancarias para evitar a súa quebra. A organización quere conseguir unha terceira hipoteca para a súa sede.
Gestha alerta de que o Ministerio de Facenda podería avisar os españois que teñen contas ocultas en Suíza (cunha suma total de 8.000 millóns de euros) e que figuran na lista de Renania, unha información conseguida polo goberno do land alemán. O departamento que dirixe Montoro podería ofrecerlles a posibilidade de presentar declaracións complementarias.
A xuntanza entre Rajoy e Puigdemont durou dúas horas e media. O presidente do Goberno en función comprometeuse a estudar todas das demandas presentadas polo líder da Generalitat (financiamento, renegociación do déficit...) agás as que teñen que ver coa folla de ruta soberanista. Soraya Sáenz de Santamaría e Oriol Junqueras reuniranse nas vindeiras semanas
Podemos e IU inician os contactos para a confluencia se se repiten as eleccións xerais. As negociacións non comezarían ata que se confirme a nova convocatoria electoral
O Congreso aproba unha proposición non de lei de En Marea para instar ao Ministerio de Defensa a paralizar a poxa dos terreos do Campo da Estrada (A Coruña) e ceder o espazo gratuitamente ao Concello para o seu uso público. Defendeu a proposta Antón Gómez-Reino
Ana Pontón formaliza a súa candidatura para aspirar á Xunta presentando case 900 avais. A portavoz nacional do BNG responde ás peticións de varios cargos que lle pediran un paso adiante para optar á presidencia do Goberno galego.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama ao boicot ás reválidas e únese á petición das anpas de non levar os fillos ás clases nos días da proba.
VÍDEO Así se constrúe un carro do país, paso a paso. Explícao Manuel Olmo, artesán do Incio nado en 1932 que traballa a madeira dende os 17 anos, neste documental da Fundación TIC.