A Coruña uniuse ás manifestacións contra a detención de Alfon, condenado a catro anos de cadea por suposta tenza de explosivos tras participar nunha manifestación pola folga xeral de 2012.
Fálase
As renuncias ás herdanzas acadan o seu máximo en Galicia con máis de 500 no primeiro trimestre. O incremento é do 18%, moi superior ao que se dá no conxunto do Estado, do 8%.
Pontevedra e Marín acollen unha nova marcha contra Celulosas. A APDR convoca unha manifestación que apoian unha morea de colectivos políticos e sociais. Toda a información, mañá en Praza.
Falece o pintor Manuel Aramburu, un dos mestres da pintura contemporánea en Galicia.
O Concello da Coruña debe a provedores tanto como catro cidades galegas xuntas. Acumula débedas por máis de 23 millóns, máis que Ourense, Vigo, Ferrol e Pontevedra xuntas.
Alberto Garzón reúnese con concelleiros e responsables da Marea Atlántica na Coruña, onde ten hoxe un acto no que volverá apostar pola "unidade popular" de cara ás vindeiras eleccións xerais.
As administracións galegas recortan 7.000 empregos públicos en tan só seis meses. O número de asalariados cae a 177.400 tras dous trimestres consecutivos de descensos.
Imputadas empresas galegas sospeitosas por faenar con catro barcos piratas no Antártico. As firmas afrontan 600.000 euros de multa e o Goberno abrirá expediente sancionador a 50 mariñeiros.
O BNG non apoiará a Martínez na Deputación de Lugo ao estar imputado. O alcalde de Becerreá foi elixido polos concelleiros do PSOE e di que non cederá pero o Bloque mantén o seu veto.
O Concello da Coruña pon en marcha un vale de comidas e un servizo de recollida de comida a domicilio para familias en emerxencia social. 60 menores beneficiaranse destas medidas, anunciadas hoxe pola concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán.