A Xunta suspende polo temporal dende as 12 da mañá as actividades no exterior dos centros educativos "no suroeste, oeste e noroeste da Coruña, litoral de Pontevedra e Mariña lucense" e decide manter as clases e o transporte escolar. Como adoito, deixa nas mans das direccións de cada centro a suspensión doutras actividades "no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado". Os concellos incluídos en cada zona poden consultarse aquí. (Imaxe: Concello da Coruña)
Fálase
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sentencia que Arnaldo Otegi e outros catro líderes abertzales non tiveron un xuízo xusto no 'caso Bateragune', no que eran acusados de "reconstruír" Batasuna cando o partido estaba ilegalizado. Todos eles cumpriron xa as condenas derivadas deste caso.
Unha colisión múltiple causa unha longa retención na AP-9 ao seu paso por Vigo. Sucedeu no primeiro túnel tras o desvío cara ao aeroporto, segundo informa a Radio Galega. (Imaxe: DGT)
O alcalde de Barreiros culpa a secretaria municipal no inicio do xuízo polas licenzas ilegais para case 3.000 vivendas que estragaron a costa da vila baixo o seu mandato.
PP e Ciudadanos bloquean a vía do Goberno para evitar que Franco acabe na Almudena.
Dhogs, do galego Andrés Goteira, foi o filme máis visto entre os subscritores da plataforma Filmin o pasado outubro. A película sumou multitude de galardóns mesmo antes da súa chegada aos circuítos comerciais.
A instrutora do accidente do Metro de Valencia de 2006 envía a xuízo a 8 ex-directivos tras ordenarlle en febreiro a Audiencia Provincial reabrir o caso nun auto que evidenciou semellanzas co sinistro de Angrois ocorrido sete anos máis tarde.
De Cospedal anuncia que deixa o posto na Executiva do PP polos "ataques" derivados das súas conversas co ex-comisario Villarejo, pero mantén o seu escano no Congreso.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e mais a deputada da formación, Ana Miranda, visitan arestora no cárcere de Lledoners ao líder de ERC, Oriol Junqueras.
Donald Trump proclama que varios estados dos EUA vanse "converter en Venezuela" se os Republicanos non vencen nas eleccións lexislativas de mañá, nas que tamén se elixen gobernadores. O presidente estadounidense afirmouno, por exemplo, sobre Florida ou Georgia, entre outros. Esa advertencia tamén fora lanzada polo PP en diversos concellos galegos nas municipais de 2015.