A Xunta teima nas rebaixas de salarios en Galicia como vía para saír da crise, segundo un informe do que dá conta Faro de Vigo
Fálase
O PP prevé executar o recorte do Parlamento en canto o lexislativo retome a súa actividade tras o verán, segundo conta La Voz
Podemos abrirá na Coruña unha das trece oficinas do seu grupo parlamentario na Eurocámara. "Funcionará como o espazo de traballo político dos eurodeputados e para recoller as demandas da cidadanía", informa a formación nun comunicado.
O BNG anuncia a súa participación na vixésima edición do Foro de São Paulo a través de Ana Miranda, que representará o Bloque e a Fundación Galiza Sempre neste foro da esquerda latinoamericana. Miranda participará no "I Encontro de Democracia dos Pobos, no Encontro de Parlamentares e Encontro de Mulleres".
Inditex vese forzada a desculparse tras a polémica xerada por unha camisola infantil cun deseño semellante á vestimenta que os nazis impuñan nos seus campos de concentración. Zara asegura que xa a retirou das súas tendas.
Unha empresa de froitaría transportará a roupa dos hospitais do Sergas en Vigo e Pontevedra. Recólleo Faro de Vigo
Íñigo Sáenz de Ugarte analiza o escenario en Gaza tras o alto o fogo: Dous mil mortos para volver ao punto de partida
O PP busca o apoio de CiU para aprobar a ilegalización dos gobernos municipais de coalición. Cóntao El Diario
Fomento rexeita a transferencia da AP-9 á Xunta por ser de interese xeral. Apóiase nun informe xurídico que publica Faro de Vigo
Novo caso de violencia machista en Galicia. Unha muller de Chantada está en estado grave despois de que a súa parella lle disparase a pasada noite.