A UE censura que a educación en España sexa cada vez máis desigual. Advirte de que medran as diferenzas entre ricos e pobres e a caída do investimento.
Fálase
A investigación da Pokémon en Pontevedra esténdese a dez persoas e dúas empresas, segundo conta Faro de Vigo. A xuíza reclama información sobre cinco supostos "enchufes" en Aquagest.
Passos desafía a Costa a unhas novas eleccións en Portugal e di estar disposto a reformar a Constitución para poder disolver xa as Cortes.
As empresas do Ibex-35 gañan un 22% máis ata setembro. A recuperación segue amosándose nas grandes compañías.
Os responsables dos contratos pantasma de Fomento son dous ex asesores de Cascos. O Ministerio xa lle abriu expediente a un dos implicados na trama corrupta.
O Ministerio de Fomento obriga o Concello de Lalín a modificar o prego de condicións do seu contrato de telefonía por estar redactado en galego. O Tribunal de Recursos Contractuais advertiu o goberno local de que "los documentos que estén en lengua cooficial diferente al castellano deben de enviarse traducidos a este idioma". O rexedor lalinense, Rafael Cuiña, tivo que redactar un modificado para cumprir esta directriz.
A CUP dálle o segundo 'non' a Artur Mas. Antonio Baños reafírmase na posición do seu partido, aínda que é optimista sobre a posibilidade de chegar a un acordo do independentismo nas vindeiras semanas.
A empresa tecnolóxica R xa é, a todos os efectos, propiedade de Euskaltel. Está a contalo Mallando no Android.
O PP faise coa alcaldía de Oia tras pactar co partido Converxencia Galega para desbancar a alcaldesa, do PSdeG. No municipio o PP ten 4 edís, os socialistas 3, CG outros 3 e o BNG, 1.
A presidenta do Parlamento ve un "premio" ser candidata a deputada no Congreso mentres na Cámara galega xa se barallan nomes para substituíla.