Só dous de cada dez mozos e mozas galegas de menos de 30 anos vive fóra da casa de seus pais e nais, segundo os datos do Observatorio de Emancipación presentado este mércores polo Consejo de la Juventud de España. Entre os 30 e os 35 anos a porcentaxe de persoas emancipadas é do 65%. O salario medio anual sitúase nos 11.892 euros para as persoas entre 16 e 30 anos e nos 14.753 entre os 30 e os 35.
Fálase
Estados Unidos e Cuba inician conversas para "normalizar" as súas relacións diplomáticas, segundo informan medios como o New York Times. Prevense senllas comparecencias de Barack Obama e Raúl Castro para as vindeiras horas.
O Parlamento Europeo aproba apoiar o recoñecemento do Estado de Palestina por 498 votos a favor, 88 en contra e 111 abstencións
Volve desaparecer a figura do neno Xesús do 'Belén' da Praza do Obradoiro. Esta figura xa fora temporalmente substraída en 2012 por un colectivo contra os desafiuzamentos. En 2013 o desaparecido foi o rei Baltasar, que apareceu ante a Secretaría Xeral de Emigración como protesta pola política migratoria do Goberno de España.
Os Comités chaman a "chiar pola nosa lingua" en Twitter na noite deste mércores coa etiqueta #EuEnGalego
A economía rusa sofre a súa peor crise dende 1998. A pesar de que conseguiu moderar o descenso do rublo, a divisa perdeu o 90% do seu valor no último ano, e obrigou as autoridades a incrementar os tipos de interese ao 17%. Na orixe está a caída do prezo do petróleo, que se abaratou un 46% no que vai de ano.
Megasa propón despedir máis da cuarta parte dos seus traballadores en Narón, 47 dun total de 169, a pesar de pechar o ano 2013 con beneficios.
A Xustiza galega, a cuarta máis colapsada de España a pesar da súa baixa taxa de litixiosidade. Un de cada tres xulgados galegos ten unha sobrecarga de traballo superior ao 50%
Tres marcas (Adidas, Hugo Boss e Levitas) néganse a que se lles entregue a indixentes prendas de roupa de imitación requisadas en Vigo e esixen que sexan queimadas.
Os sindicatos celebran a retirada do decreto lei de Especialidades da profesión docente, que abría a porta ao mestre orquestra. O Ministerio de Educación presentará un novo texto.