VÍDEO | Un dron da canle SIC percorre os espazos destruídos polo incendio de Pedrógão Grande e amosa a estrada na que quedaron atrapadas moitas das vítimas nos seus vehículos. O vídeo está dispoñible na súa web.
Fálase
As vítimas mortais do incendio de Pedrógão Grande ascenden a 57, segundo vén de informar o Goberno de Portugal e recolle a RTP. (Imaxe recollida pola TVG). O xornal Público vén de suspender o acceso de pago ás súas informacións ata as doce da noite "perante as circunstâncias excepcionais da tragédia". As treboadas, causa máis probable do incendio. Ler máis
Máis de 40 persoas mortas nun enorme incendio forestal en Pedrógão Grande, no centro de Portugal, ao sur de Coimbra. 18 das vítimas foron atopadas no interior dos seus vehículos, segundo informa a RTP. O xornal Público está a realizar unha cobertura ao vivo. Ler máis
Cinco áreas da provincia de Ourense superaron este sábado os 40 graos, aos que se aproximou o sur de Lugo. O ambiente no centro do país foi tamén moi caloroso, mentres que na Mariña apenas se chegou aos 20 graos. Este domingo continúan as alertas activadas polas altas temperaturas, segundo advirte Meteogalicia.
O PSOE pasa a recoñecer oficialmente o carácter plurinacional do Estado, segundo unha emenda aprobada no seu congreso.
O construtor do edificio de vivendas que ardeu en Londres usou un material inflamable por ser dous euros máis barato por metro. Recólleo eldiario.es
O Porto da Coruña admite que a súa precaria situación económica lle impide pagar o tren a punta Langosteira. Cóntao La Opinión de A Coruña
A Xunta recúa e fraccionará o contrato de 21 millóns para a limpeza das súas sedes, que coa súa formulación inicial deixaba fóra as pequenas empresas. Recólleo Faro de Vigo
O PP non consegue afastar a xuíza que o procesou por destruír os discos duros de Bárcenas. A Audiencia de Madrid rexeita a recusión formulada polo partido e permite á instrutora que continúe coa causa, como adianta eldiario.es
O Parlamento aproba a instancias do BNG pedir a Google que corrixa a toponimia galega castelanizada na súa aplicación de mapas. A iniciativa defendida pola deputada Olalla Rodil recibiu apoio unánime.