David Rubín, gañador do Premio da Crítica ao mellor debuxante de cómic por Beowulf. Paco Roca obtén o de mellor guionista por Los surcos del azar, que levou tamén o galardón á mellor obra
Fálase
A Garda Civil identifica tres cazadores de Ribadeo que gravaron un vídeo matando a coiteladas un xabarín e decapitándoo. A Consellaria de Medio Ambiente debe decidir agora se aplica sancións en base á Lei de Caza de Galicia.
A Esmorga estrearase o 21 de novembro en toda Galicia cun total de 50 copias. Previamente, o filme dirixido por Ignacio Vilar poderase ver o 15 de novembro na gala de apertura do Festival de Cine Internacional de Ourense
A Xunta exclúe das axudas escolares aos nenos e nenas con síndrome de Down, deixando de subvencionar a compra de material didáctico para este colectivo. A Federación Galega de Institucións para o síndrome de Down xa amosou a súa indignación.
A Xunta exclúe das axudas escolares aos nenos e nenas con síndrome de Down, deixando de subvencionar a compra de material didáctico para este colectivo. A Federación Galega de Institucións para o síndrome de Down xa amosou a súa indignación.
Alberto Ruíz Gallardón reunirase con Mariano Rajoy ante os rumores que indican que o PP aparcará definitivamente a súa polémica reforma da lei do aborto, publica La Razón.
Este luns comeza a Asemblea Cidadá de Podemos, na que poderán participar as máis de 120 mil persoas inscritas na formación e que definirá a estrutura deste movemento
Máis da metade dos votantes de PP e PSOE non teñen correo electrónico, segundo desvelan os datos das enquisas realizadas polo CIS. Podemos, Vox, UPyD e Equo, os que contan con máis votantes usuarios de internet.
O Obradoiro gañou a Copa Galicia de baloncesto tras impoñerse na final ao Breogán (74-59)
Na Terceira División, Cerceda e Ribadumia lideran a táboa
Alondras 2-0 Xuventú Sanxenxo
Bertamiráns 0-1 Ordes
Barbadás 3-1 Laracha
Rápido de Bouzas 1-1 Silva
As Pontes 0-0 Racing Vilalbés
Cerceda 1-1 Ribadumia
Pontevedra 1-2 Deportivo B
Bergantiños 1-1 Ribadeo
Arousa 0-0 Boiro
Choco 2-0 Cultural Areas