Fálase
- Mobilizacións contra a violencia machista percorreron este serán os centros de diversas localidades do país.
No seu segundo aniversario, GCiencia entrevista a Ángel Carracedo, catedrático pola USC e un dos maiores expertos mundiais en xenómica. Carracedo reclama que "a educación necesita unha revolución absoluta" e asegura que non deixaría Galicia "nin por todos os cartos do mundo", aínda que recibe ofertas millonarias
Físicos da USC recrean no Gran Colisionador de Hadróns os momentos inmediatos ao Big Bang. O investigador Carlos Salgado lidera o proxecto HotLHC, que mide as propiedades da primeira materia do Universo
Esta tarde celébrase en Compostela o evento LGx15, que inicia un novo proxecto da CTNL de "difusión de ideas para o futuro da lingua". Entre as persoas que intervirán no acto, na Sala Capitol, está o científico Xurxo Mariño, o actor Luís Iglesia ou a poeta María Lado, entre outras.
Vence e Lobeira, citados a declarar ante a Audiencia Nacional en plena campaña, segundo conta Sermos Galiza. Declararán como testemuñas ante o xuíz Eloy Velasco o vindeiro 14 de decembro no curso dunha investigación anti-terrorista.
Costa presenta un goberno de 17 ministros en Portugal, só catro delas mulleres. Francisca Van Dunem será a primeira muller negra en encabezar un ministerio.
O 33% das ordes de protección pedidas en Galicia por violencia machista son denegadas. O CGPJ matiza que a negativa da vixilancia integran non supón a desprotección da vítima. Galicia rexistra 14 denuncias diarias por agresións a mulleres, como en 2005.
Un cento de concellos superan o prazo legal de pagamento a proveedores. Municipios e deputacións teñen facturas sen pagar por case 200 millóns, segundo conta La Voz de Galicia.
O manifesto contra os bombardeos en Siria acada 5.000 sinaturas en 24 horas. Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, foi un dos impulsores do texto xunto a Ada Colau e outros rexedores do Estado.