A revista de pensamento feminista Andaina celebra esta tarde o seu trixésimo aniversario. Será ás 19:30 na galería Sargadelos de Compostela.
Fálase
Queremos Galego amosa o cartaz da manifestación en defensa da lingua e contra a Lei Wert que convocou para o vindeiro día 27
O voceiro do PP en Lugo e deputado no Parlamento Jaime Castiñeira presidirá o congreso dos conservadores, que se celebra na cidade a vindeira fin de semana.
Fracasa a aposta do Goberno polo chamado "contrato de emprendedores". Dende a súa aprobación só se rexistraron 75.600, o 8,2% dos novos contratos indefinidos dende marzo
Ao redor de 300 afectados polas preferentes maniféstanse nestes momentos polas rúas de Pontevedra, e concéntranse fronte á sede da Deputación. Na marcha participan sete alcaldes e concelleiros de varias localidades, entre eles o propio rexedor da cidade pontevedresa, o nacionalista Fernández Lores. Os edis entraron na Deputación para manter un encontro con Rafael Louzán.
O Banco Central Europeo vén de facer público o novo deseño dos billetes de 5 euros. Paulatinamente, irá renovando os demais.
A Xunta proclama que a Cidade da Cultura fai "dous anos de austeridade
Unilabs, a empresa da que é conselleiro o ex responsable de Sanidade da Comunidade de Madrid, Juan José Güemes, queda coa xestión das análises clínicas que el mismo privatizou
José Luis Baltar viuse obrigado a abandonar a Deputación polas peticións da Fiscalia para que fixese públicos os contratos supostamente fraudulentos, segundo o Faro de Vigo.
O rey presionou o editor de La Vanguardia pola súa posición independentista. O monarca tivo unha dura conversa con Javier Godó pouco antes de Noiteboa para lembrarlle a súa condición de "grande de España" e xa semanas antes presionárao a través de Juan Luis Cebrián