A espera media para operarse en 2015 nos hospitais do SERGAS foi de 78,8 días, fronte aos 80,4 días do 2014, datos presentados este venres por Antonio Fernández-Campa, xerente do Servizo Galego de Saúde. Con todo, o dato sitúase moi or riba dos 60 días que o propio Goberno fixou como obxectivo e como tope legal (a partir do cal pódense derivar pacientes á privada). Povisa segue desequilibrando os datos do sistema público, cunha espera media de 139 días, fronte aos 70 días do resto de hospitais.
Fálase
Pedro Sánchez rexeita negociar en exclusiva con Podemos, que lle pediu que rompese con Ciudadanos para intentar un goberno de cambio no Estado.
Dende este venres é obrigatoria a utilización do semáforo de riscos de produtos financeiros, que inclúe seis niveis de risco. Porén, FACUA denuncia que o Ministerio de Economía só obriga as entidades bancarias a facilitar unha parte da información, polo que a medida non servirá para evitar "novos enganos masivos"
Médicos sen Fronteiras acusa as farmacéuticas de mentir sobre os custes de produción dos medicamentos. A organización responde a unha campaña de Pfizer, á que acusa de tentar enganar a cidadanía e os gobernos e destaca que o gasto real á hora de desenvolver novos fármacos é moi inferior ao expresado.
A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 20 de febreiro un encontro sobre "Novísimas miradas na arquitectura galega", coas intervencións de Cristóbal Crespo, Guadalupe Piñera, Irisarri Piñera ou Elizabeth Abalo,
A ONU dá a razón a Assange e considera que a súa detención foi arbitraria. O fundador de Wikileaks está illado desde 2012 na Embaixada do Ecuador en Londres.
Os directores detectan que a maioría dos escolares galegos non cren na igualdade de sexos. O 63% consideran que os nenos non consideran iguais a homes e mulleres.
O PSOE quere que Rajoy someta a votación todas as súas decisións importantes. Ciudadanos apoia a idea de poñer o PP baixa a tutela das novas forzas.
Bruxelas esixiará ao próximo goberno de España un axuste adicional de 9.000 millóns. O déficit de 2015 superou o previsto e o Orzamento de 2016 deberá ser corrixido.
Sánchez ve "espazos comúns" con Ciudadanos para entenderse, pero Rivera empraza o PSOE a negociar co PP un pacto a tres. En Comú Podem advirte os socialistas de que o entendemento con Ciudadanos afasta a posibilidade dun apoio desta candidatura.