Nas fins de semana de agosto Praza non se actualiza por descanso do persoal. Lémonos o luns, pasádeo ben!
Fálase
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, visitará Compostela este sábado para presentar o "decálogo económico para Europa" que che achegará a Rajoy antes da súa xuntanza con Angela Merkel na capital galega. O socialista percorrerá parte do centro de Santiago e comparecerá xunto ao líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.
O departamento de Igualdade do Goberno central evita condenar as declaracións machistas do alcalde de Valladolid "porque este señor non traballa no Ministerio". Cóntao El Diario
A Marea Atlántica da Coruña xunta 200 persoas na #mareacultura, a primeira marea sectorial logo da constitución do primeiro espazo de barrio na Agra do Orzán.
Unha localidade de Palencia homenaxea a Lexión Cóndor, que bombardeou Gernika durante a Guerra Civil e causou centos de mortes. O acto tense previsto realizar este sábado en Aguilar de Campoo.
Francia bótalle a culpa da intoxicación de 70 persoas ao mexillón galego. Pide explicacións a España e emite unha alerta sanitaria.
O Sergas nega a un neno de cinco anos un tratamento de 1.800 euros ao semestre. A familia do rapaz pide axuda para afrontar unha doenza de crecemento.
Os continuos vertidos industriais ao río quedan impunes en Ourense. O Barbaña volve sufrir a mortandade masiva de peixes.
Pujol cede á presión e declarará no Parlament pola fraude fiscal. Convergència logra así evitar que se abra unha comisión de investigación.
Os Alvia dispoñen por fin da máxima seguridade un ano despois de Angrois. Xa teñen o ERTMS embarcado, segundo publica La Voz de Galicia.