![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/venia-5747b15.png)
A xustiza gratuíta atendeu 50.000 asuntos en Galicia o pasado ano, cun aumento dos casos de violencia de xénero
Case tres mil avogadas e avogados emprestan este servizo no país a través da quenda de oficio e doutros traballos de atención xurídica de balde para as persoas con menos recursos ou as vítimas de violencia machista. Os e as profesionais levan meses de mobilizacións en demanda de dereitos laborais e unha maior retribución económica e ameazan con deixar de ofrecer esta asistencia.