O alcalde de Katowice (Polonia) recolle en Santiago o testemuño da organización do Womex, que se celebrará alí en 2017. A feira de músicas do mundo conclúe esta fin de semana na capital galega.
Fálase
O festival Amal entregará a súa recadación ás familias refuxiadas acollidas en Sarria. O acto celebrarase na sesión inaugural do festival de cinema euro-árabe, o vindeiro luns.
O Ministerio de Defensa desclasifica expedientes de catro avistamentos ovni en Galicia entre os anos 60 e 90 do século pasado. Cóntao a axencia Europa Press na súa web.
O fracaso nas negociacións do tratado de comercio con Canadá obriga a UE a reformular a súa política comercial. O CETA foi vetado polo Parlamento de Valonia
Un ataque informático masivo provocou este venres a caída de webs como Twitter, Netflix, Spotify ou SoundCloud. Trátouse dun ataque DDOS, consistente en peticións masivas de carga ata que os servidores caen. Hipertextual detalla neste artigo como se desenvolveu e as súas consecuencias.
#LGx15 En que parroquia do país se fala o galego máis chulo? A organización do LGx15, o encontro de ideas para o futuro da lingua, convida a contalo para entrar no sorteo dunha entrada dobre ao evento, que impulsa a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua
Atopan unha escultura desaparecida da fachada medieval do Pórtico da Gloria durante as obras de restauración da torre sur da Catedral. Amosarase na exposición sobre o Mestre Mateo que acollerá o Museo del Prado a partir do 28 de novembro.
O presidente uruguaio Tabaré Vázquez, sucesor de José Mujica á fronte do Goberno e da Fronte Ampla, visitará Galicia os días 29 e 30 de novembro. Feijóo reuniuse este venres co embaixador uruguaio para preparar a viaxe.
Protestas de traballadores de Isolux-Corsan e o Banco Popular, afectados por EREs, nas portas do Parlamento de Galicia durante a sesión constituínte da X Lexislatura. Deputados dos tres grupos da oposición amosáronlles o seu apoio.
Miguel Santalices seguirá sendo o presidente do Parlamento de Galicia, agora con Diego Calvo como vicepresidente primeiro en Raquel Arias como secretaria. Pedro Puy seguirá sendo o portavoz do PP. Así o vén de anunciar Feijóo xusto antes de que se inicie o pleno de constitución da Cámara. A Mesa completarana Eva Solla, de En Marea, e Concepción Burgo, do PSdeG.