Os administradores lanzan un ultimatum de quince días para evitar a liquidación do Deportivo. Solicitan aos acredores que elaboren unha proposta de convenio para salvar o club.
Fálase
O fiscal pide ao Tribunal Supremo que se confirmen os seis anos de cárcere para o expresidente balear Jaume Matas. A confirmación da pena suporía a entrada en prisión do popular.
A xuíz Alaya imputa polo caso ERE á exministra de Fomento Magdalena Álvarez. Foi entre o 1994 e o 2004 conselleira de Economía e Facenda en Andalucía.
Daniel Salgado gaña o primeiro Premio de Poesía Gonzalo López Abente co poemario Os tempos sobrizos (diario). O xurado salienta "a construción do discurso a xeito de diario que amosa o compromiso anticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social".
Un vídeo resume algúns dos momentos máis destacados da III Festa da República Galega, celebrada a pasada fin de semana en Ordes
O ministro de Cultura de Cabo Verde propón que Galicia entre na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa.
María Luís Alburquerque é a nova ministra de Finanzas de Portugal. Substitúe a Vítor Gaspar, ata agora un dos principais interlocutores do goberno portugués coa troika. Perfil no xornal Público.
O paro rexistrado baixou en máis de 127.000 persoas en xuño no conxunto do Estado. Hai un 3,22% de persoas desempregadas máis que hai un ano.
Dimite o director do Banco Vaticano tras un novo escándalo de corrupción. En El Diario
Dimite o director do Banco Vaticano tras un novo escándalo de corrupción. En El Diario