ÚLTIMA HORA | O xuíz fixa para o 18 deste mes a ratificación pericial sobre Angrois adiada logo de entregar onte Adif documentos que omitira durante tres anos.
Fálase
Podemos, En Marea e alcaldes "do cambio" buscan apoios no Congreso para tombar a 'lei Montoro'. A primeira proposición de lei do grupo pide derrogar a norma que controla o gasto de comunidades e concellos e substituíla por outra que permita aos municipios "prestar os servizos esenciais".
ÚLTIMA HORA | Suspendida a ratificación pericial sobre Angrois prevista para mañá mércores logo da entrega por Adif onte luns de 300 folios que “omitira por erro” durante tres anos.
VÍDEO | A Federación Galega de Saúde Mental (FEAFES) lanza unha campaña contra os prexuízos cara ás persoas con enfermidade mental. Co gallo do día mundial destas doenzas e a través de rostros coñecidos e anónimos, animan a "amosar que as persoas con problemas de saúde mental poden vivir en sociedade como calquera outra". Toda a información, no sitio web da campaña
Vén de iniciar a súa actividade Facua-Galicia, froito da unión de FACUA-Consumidores en Acción e a organización de consumidores galega ACUA. Nace cuns 8.000 socios e socias e está presidida polo lucense Víctor Muñoz Meilán.
As inscricións nas oficinas de emprego galegas aumentaron en 1.291 o pasado setembro ata quedar en 194.336, son 21.401 menos que hai un ano. A afiliación media á Seguridade Social descendeu en 6.218, ata as 972.887, isto é, 15.415 que no mesmo mes de 2015.
O PP presenta unha reforma de urxencia para corrixir o seu propio plan de terceiras eleccións xerais o Día de Nadal.
Este martes comeza o xuízo do caso Gürtel, co ex-secretario de organización do PPdeG, Pablo Crespo, como un dos presuntos líderes dos 37 acusados.
Galicia mantense como a comunidade autónoma cunha menor proporción de internautas. Un 74,6% dos galegos e galegas usaron Internet nos últimos 3 meses, seis puntos por debaixo da media española. Entre as persoas que navegan pola rede, oito de cada dez fano a diario.
A Fiscalía pide dez anos de inhabilitación para Artur Mas polo 9-N. Tamén solicita nove anos de inhabilitación para cargo público a Joana Ortega e Irene Rigau.