Goretti Sanmartín, nova coordinadora da Executiva Nacional do BNG, con Bieito Lobeira como coordinador de Organización. Son dúas das responsabilidades aprobadas "por unanimidade" este luns polo órgano directivo elixido na recente asemblea nacional do Bloque
Fálase
O ex-deputado Javier Escribano esixe que Beatriz Mato se "desculpe" por animar a "humillalo" na elección da presidencia do PP coruñés. A conselleira fixo estas declaracións nun encontro con militantes do partido que recolle a Cadena SER
Francisco Pillado, Republicano de Honra 2017. O presidente de honra da Fundación Praza Pública é o distinguido este ano pola CRMH da Coruña, que mañá acompañará o galardoado nunha rolda de prensa e na homenaxe que se lle dará na Escola de Relacións Laborais.
Unha explosión no metro de San Petersburgo mata unha decena de persoas e deixa un número aínda indeterminado de feridas
Arquivada a "dilixencia informativa" do Consello Xeral do Poder Xudicial á xuíza Pilar de Lara. A denuncia presentáraa un avogado cuxo despaxo fora rexistrado por orde da maxistrada e a ela sumáranse o Colexio de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega. Segundo informa o TSXG, "non se constatan elementos para derivar responsabilidade disciplinaria ningunha" da xuíza.
O patrimonio dos millonarios galegos nas Sicav cae pero aínda suma 945 millóns. Tan só as sociedades de Castellano, Abanca e Fernández Somoza melloran.
Os produtores poderán evitar que se identifique a orixe galega do leite no etiquetado. O novo decreto que prepara o Goberno central non obriga a sinalala.
Lenín Moreno gaña as eleccións no Ecuador pero o seu rival impugnará os resultados. O candidato da formación de Correa obtén o 51% dos sufraxios.
A patronal CEIM confirma o financiamento irregular do PP de Madrid. A organización empresarial madrileña achegará os documentos que o certifican á Audiencia Nacional.
Un incendio forestal queima unhas 125 hectáreas de monte raso en Manzaneda, na parroquia de Placín. Medio Rural vén de dalo por controlado (Imaxe: Brif Laza)