O barrio das Fontiñas acolleu o primeiro "Encontro ao vivo" organizaso polo Goberno municipal compostelán para render contas da súa xestión ante a veciñanza. Entre as cuestións reclamadas polos cidadáns e cidadás participantes, estiveron a mellora da seguridade nos pasos de peóns, o fomento da mobilidade en bicicleta e un mellor mantemento das zonas verdes.
Fálase
Está a piques de comezar a manifestación das Marchas da Dignidade na Coruña, coas pensións e os servizos públicos como reivindicación principal. Ás 12 horas partirán dúas columnas (do Pazo da Ópera e do Campo da Leña), que se unirán na Praza de Ourense para chegar aos Xardíns de Méndez Núñez
Un milleiro de persoas manifestáronse en Chapela, Redondela, en repulsa polo asasinato machista que tivo lugar na localidade esta semana
O pleno da Deputación de Ourense insta a Xunta a aprobar un plan para frear a extensión da praga da couza da pataca e a non agardar á posta en marcha de medidas por parte do Ministerio
El Diario explica as claves da liberalización do sector da estiba, cuxo proceso iniciou este venres o Goberno, e para a que necesita o apoio doutros grupos no Congreso. Os traballadores e traballadoras iniciarán unha folga o vindeiro 6 de marzo.
Unha colección de 40 filmes galegos nomeados aos Mestre Mateo está dispoñible dende hoxe para ver online en Filmin. Así o vén de anunciar a Academia Galega do Audiovisual.
O Celta enfrontarase ao Krasnodar ruso nos oitavos de final da Europa League. O partido de ida xogarase en Balaídos.
A Fiscalía reitera que non ve "inimizade" cara a Baltar por parte da xuíza que investiga o seu presunto ofrecemento de emprego por sexo. Cóntao a edición ourensá de Faro de Vigo. O líder do PP de Ourense e mais o seu pai, tamén imputado no caso, recusaron a maxistrada que instrúe o proceso.
O Porto da Coruña fixa en seis meses a suspensión da poxa dos terreos da Solana. Cóntao La Opinión
O risco de fuga e a duración da pena, claves para decidir se un condenado a cárcere como Urdangarín vai ou non a prisión provisional. Unha análise en eldiario.es ao fío do caso do cuñado do rei, condenado a 6 anos no caso Nóos.