A contable de Azetanet, a consultoría de Gerardo Crespo, admite que sacou cartos da caixa B para facer "dous sobres" para o PP. Nos documentos decomisados pola Policía figuran pagamentos de 17 mil euros ao Partido Popular. A trama chega ata Feijóo; un amigo do presidente da Xunta, Francisco Ramón de Lucas Blanco, mediaba entre a trama e a cúpula do PP
Fálase
A maioría das 60 titulacións que ofrecen máis opcións para atopar un emprego son de ciencias, encabezadas pola Medicina, a Óptica a Enxeñaría Industrial, segundo un informe do Ministerio de Educación
A consulta proposta pola Generalitat para o 9-N tería unha participación do 33%, segundo unha enquisa que publica El Periódico
Aznar pactou unha comisión do 1% con Abengoa para conseguir adxudicacións na Libia gobernada por Gadafi. O ex presidente tería gañado seis millóns de euros se a empresa construíra as desaladoras pactadas, un proxecto frustrado pola guerra que desaloxou o mandatario.
O número de nenos e nenas que en España vive en condicións de pobreza aumentou en 800.000 dende o comezo da crise, segundo datos de Unicef. Hai ao redor de 3 millóns e nenos e nenas pobres, máis dun terzo do total. Roger Senserrich reflexiona en Politikon sobre "as prioridades de gasto" en España e os "perdedores do estado de benestar", lembrando que dende o 2004 crece a pobreza infantil e só se reduce a dos maiores de 65 anos.
Rajoy pide perdón pola operación Púnica pero exculpa os partidos. Os socialistas responden con berros de "dimisión" no Senado.
O Parlamento aproba unha nova lei que regula as iniciativas lexislativas populares, cos únicos votos a favor do PP e a abstención de todos os grupos da oposición. BNG e AGE denuncian que o texto orixinal, presentado polo Bloque, foi "desnaturalizado" e "deturpado".
Os emigrantes retornados maniféstanse xa en Compostela. Reclaman unha solución definitiva ás multas que reciben de Facenda nunha marcha que rematará no Parlamento, onde entregarán as sinaturas recollidas e unha carta coas súas demandas a Feijóo. Máis información, esta mañá en Praza. Foto de @obloque.
A instrución da operación Campeón péchase, despois de catro anos, coa imputación de 13 persoas. O empresario Jorge Dorribo esta imputado por 11 delictos.
A Cámara de Comercio de Santiago celebra este martes unha xornada sobre o prestixio e as posibilidades comerciais e comunicacionais que se abren co dominio .gal