Seis concentracións convocadas en Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo lembraron este martes a Diana Quer, cuxo cadáver apareceu hai uns días en Rianxo tras meses de investigación, e denunciaron o "terrorismo machista" e a violencia exercida contra as mulleres polo feito de ser mulleres. Baixo a chuvia e co acompañamento nos máis dos casos das iluminacións de nadal que aínda presiden os centros das cidades galegas, as convocatorias realizadas polo movemento feminista galego reclamaron "desnormalizar todas as violencias machistas" e unha implicación real de todas as administracións -con recursos e accións decididas- para loitar contra os feminicidios.
Lembrouse que neste caso Diana Quer foi vítima dun "maltratador ademais reincidente no seu terrorismo machista" e subliñouse que casos coma o desta moza non figurarán nas estatísticas de violencia de xénero, pero que están motivados e sustentados polo mesmo patriarcado que tamén afecta a outras situacións vitais. "Porque todas somos Diana e queremos que se superen todas as posibilidades de caer nas violencias machistas a mans de maltratadores cara ás mulleres dun xeito aberrante e intolerablemente normalizado na nosa sociedade", concluíuse nunha das concentracións.
Concentracións en repulsa polo asasinato machista de Diana Quer
-
Concentración en Compostela -
Concentración en Compostela -
Concentración en Compostela -
Concentración en Compostela -
Concentración en Vigo -
Concentración en Vigo -
Concentración na Coruña -
Concentración en Ourense -
Concentración en Pontevedra -
Concentración en Lugo