0 Gardados para despois

A carta de dimisión do xefe de Oftalmoloxía de Pontevedra retrata o desbordamento da lista de espera

Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo


O colapso e a elevada lista de espera en cataratas levaron o xefe do servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) a presentar a súa dimisión. Nunha carta na que explica a súa marcha, Pedro Corsino Fernández aclara que foi froito dunha "decisión meditada" e explica tanto a saturación no seu departamento como a falta de resposta do Sergas ás súas queixas, suxerencias e peticións.

Extracto da carta na que Pedro Corsino Fernández explica os motivos da súa dimisión

Así, na carta á que tivo acceso Praza.gal, o doutor explica que "o principal problema (político)" do servizo de oftalmoloxía no CHOP son a lista de cataratas e a "longa" lista de espera previa á consulta de cataratas no Hospital Provincial. Segundo explica, foron varias as veces nas que expresou as súas queixas a varias direccións, mesmo a través dun correo no que expresaba as orixes dos problemas "e as súas posibles solucións". Entre elas, di, propuxo a contratación dun oftalmólogo para levar a cabo operacións cirúrxicas de tarde que aliviasen a carga acumulada. "A resposta foi o silencio". 

Pedro Corsino Fernández dimite polo colapso no servizo de Oftalmotoloxía e logo de reclamar durante meses unha solución ao Sergas

Malia insistir, di Pedro Corsino Fernández, a resposta do Sergas "volveu ser o silencio", polo que solicitou unha xuntanza coa xerencia na que expresou de forma "dramática" a importancia do problema e pediu solucións como condición para non presentar a súa dimisión. A resposta, desta vez, foi unha proposta que o profesional considerou insuficiente. "Non é só cuestión de pasar os enfermos da lista de espera de consulta de cataratas á lista de espera cirúrxica (moi importante para dar visiblidade política ao problema), senon de aumentar a nosa capcidade cirúrxica tanto no Hospital Provincial como no do Salnés". 

Así, o doutor resume a situación explicando que as listas de espera "duplicáronse en 2017" ao pasar dos 228 pacientes en espera estrutural cunha media de agarda de 23,4 días a unha lista de 488 doentes e 45,9 días de media. "Ante esta evidencia confirmada semana tras semana e denunciada por escrito, adoptouse algunha medida? Mudou algo? Non, nada", lamenta na carta. A todo isto, advirte Corsino Fernández, a dirección do centro decidiu "incluír, de forma inmediata, 12 pacientes máis cada día na lista de espera; 60 á semana e 240 ao mes".

O oftalmólogo di que a redución de actividades extraordinarias só se debe a un "acto político" á hora de "elixir ou seleccionar a asignación de recursos"

Ademais, o profesional oftalmólogo pregúntase a razón pola que se reduciron as actividades extraordinarias, como a que el reclamaba, a pesar do menor financiamento.  "Non, é simplemente a consecuencia dun acto político no sentido de 'poder ou capacidade para elixir ou seleccionar a asignación de recursos".

"Ante esta situación", remata o médico, "véxome incapaz de dirixir e liderar este proxecto, un proxecto no que non creo e no que a experiencia do último ano confírmame como de imposible realización". "Podo non estar no certo e si haber unha solución: derivar os pacientes á medicina privada, pero aí non estou disposto a chegar porque non se estaría facendo unha boa admnistraión dos recursos públicos", finaliza quen pediu a xubilación voluntaria e deixará o seu posto ao finalizar este mes. 

"Podo non estar no certo e si haber unha solución: derivar os pacientes á medicina privada, pero aí non estou disposto a chegar"

A dirección da área sanitaria quixo deixar claro que "respecta" a decisión de dimitir e pedir a xubilación voluntaria e que "agradece" o seu traballo destes anos á fronte do servizo, pero aclara que ao chegar ao posto hai once meses xa detectaron problemas de funcionamento que debían "resolverse", entre eles a "demora importante" na consulta de cataratas. Aseguran que a única solución proposta polo xefe do servizo só contemplaba establecer unha actividade extraordinaria e estable de cirurxía polas tardes e que non aceptou a proposta de mellorar a xestió

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.