Galicia únese este 8M á mobilización internacional do Día das Mulleres, marcada desta volta pola histórica convocatoria de folga feminista. Seguimos o máis destacado da xornada no país, onde xunto ás convocatorias de paro xeral e parciais están convocadas concentracións e manifestacións en máis de 40 vilas e cidades.
20:59 | O centro de Vigo, colapsado por milleiros de manifestantes |
A manifestación feminista deste serán en Vigo colapsa o centro da cidade con milleiros de persoas. Nalgúns treitos -na imaxe, a rúa Urzáiz e a súa contorna- a protesta permaneceu parada durante arredor dunha hora pola enorme asistencia. (Imaxe: Praza Pública - Cedida)
20:43 | Milleiros de persoas, tamén en Lugo |
Despois das concentracións da mañá, a convocatoria feminista unitaria desta tarde en Lugo volveu ser un éxito. A imaxe, divulgada polo PSdeG local, amosa milleiros de persoas na Ronda da Muralla.
20:15 | Resposta masiva á segunda convocatoria feminista en Santiago |
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 marzo 2018
En marcha unha nova e multitudinaria manifestación en Compostela a prol da igualdade #FolgaFeminista8M pic.twitter.com/yjrCWvCbc8
Por segunda vez no día a resposta en Santiago á convocatoria de mobilización feminista na rúa está a ser masiva.
19:54 | Milleiros de persoas prepáranse para a manifestación de Vigo |
Isto está cheo de xente e sae as 20 En Vigo o éxito é brutal #FolgaFeminista8M pic.twitter.com/rs3Kj2muwa
— Galiza Contrainfo (@gzcontrainfo) 08 marzo 2018
19:48 | Comeza a segunda manifestación na Coruña |
En marcha a segunda das mobilizacións feministas desta tarde na Coruña, tamén cun seguimento masivo. A imaxe foi difundida polo BNG coruñés.
19:42 | Milleiros de persoas maniféstanse na Coruña |
#AoMinuto | A contorna da Mariña, na Coruña, queda pequena ante a masiva asistencia á mobilización feminista https://t.co/2jnstBOD4E pic.twitter.com/lLliaxITeH
— Praza Pública (@prazapublica) 08 marzo 2018
A contorna da Mariña, na Coruña, queda pequena ante a masiva asistencia á mobilización feminista
19:00 | Comeza a primeira manifestación da tarde na Coruña |
Comeza a primeira manifestación feminista convocada para este serán na Coruña cunha asistencia masiva
18:20 | A mobilización matinal de Santiago desborda as expectativas |
Un resumo da histórica manifestación do feminismo compostelán
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 marzo 2018
"Se nós paramos, párase o mundo" pic.twitter.com/XMDk2FO2ZJ
A manifestación feminista desta mañá en Santiago superou as expectativas mesmo das organizacións convocantes e deu lugar á icónica imaxe da Praza do Obradoiro practicamente chea.
17:30 | A reivindicación feminista, tamén nas conserveiras |
A reivindicación feminista, tamén chegou este 8M ás traballadoras de conserveiras como Calvo ou Albo, que secundaron os paros convocados pola CIG
16:50 | A Xunta cifra o seguimento da folga na Administración na contorna do 20% |
Desde a Xunta, nun comunicado de Vicepresidencia, cífrase o seguimento da folga nos organismos públicos galegos na contorna do 20% do persoal. Segundo o texto, na Administración Xeral "o seguimento foi do 16,99% e nos entes dependentes dela, "do 19,93% cun cumprimento normal dos servizos mínimos.
16:22 | "Sofía, non te enteras": retranca en Ourense |
Unha das declaracións políticas máis controvertidas contra a folga feminista do 8M foi a pronunciada pola edil de Igualdade do Concello de Ourense, Sofía Godoy (PP), que no último pleno municipal rexeitou que o goberno da cidade apoiase a protesta por estar, ao seu xuízo, "directamente impulsada por un grupo político con perigosos nexos e afinidades" con países "onde as mulleres levan burka". Ao final da masiva mobilización feminista que este mediodía percorreu o centro da capital ourensá as manifestantes replicaron á concelleira en clave irónica. "Sofía, non te enteras, a folga convocámola nós", cantaron.
15:44 | A Praza Maior de Ourense quedou pequena |
A Praza Maior de Ourense quedou pequena para acoller, contra a unha da tarde, o remate da manifestación feminista. A imaxe foi difundida pola Plataforma Feminista Galega.
14:09 | Resposta masiva á mobilización en Lugo |
As convocatorias sindicais desta mañá en Lugo tiveron un seguimento masivo. Nas imaxes difundidas pola CIG, a mobilización que percorreu a Ronda da Muralla e que durante uns minutos se internou na sede da Xunta na cidade.
13:22 | "Situamos Galiza no mapa mundial da folga das mulleres" |
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 marzo 2018
"As mulleres situamos Galiza no mapa mundial do paro internacional de mulleres". Imaxes desta mañá de Pontevedra #folgaFeminista8M pic.twitter.com/F1HHmmRVXQ
"As mulleres situamos Galiza no mapa mundial do paro internacional de mulleres", destacan na concentración de Pontevedra.
13:07 | Mobilización no Hospital da Costa |
Traballadoras do Hospital da Costa únense ao 8M malia aos "servizos máximos" do Sergas. Imaxe tomada pola CIG.
12:56 | Berro a prol da "dignidade" do traballo feminino en Ames |
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 marzo 2018
Ames tamén acolleu esta mañá unha concentración feminista #folgafeminista8M pic.twitter.com/kgg2egm53u
En Ames, a concentración ante a casa do Concello reivindica "dignidade" para o traballo feminino