0 Gardados para despois

Persoal da CRTVG levará a protesta ao Parlamento na folga do 19 de decembro

Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo


Logo dos exitosos paros parciais dos últimos días, persoal da CRTVG prepara xa a próxima gran mobilización, que consistirá nunha folga de 24 horas o vindeiro 19 de decembro, así como unha concentración ante o Parlamento galego e unha manifestación que percorrerá o centro de Santiago. Será a xornada clave dunhas protestas que suman xa varios días desde que se convocara o primeiro paro e que se unen aos venres negros, que superaron a pasada semana os seis meses de reivindicacións de loito "contra a manipulación" e polo cumprimento da Lei de Medios.

 Persoal da CRTVG mobilizarase ante o Parlamento e manifestarase en Santiago coincidindo co paro de 24 horas do 19 de decembro

O paro continúa malia os avances, evidentes e valorados polo comité de folga, que a dirección da Corporación ofreceu este mércores nunha nova xuntanza. Así, en canto á produción propia, a CRTVG mantén o ofrecemento de aumentala entre 15 e 30 minutos nos programas informativos. Ademais, agora si, acepta debater sobre eses "contidos de servizo público" que reclama o persoal e propón a creación dun programa semanal logo do horario de prime time, unha especie de late night show destinado fundamentalmente a público novo e á mocidade, que incluiría reportaxes e entrevistas. Tamén está disposta a apostar por máis programación infantil, cun espazo de media hora diario que, "ademais da ampla oferta de animación na segunda canle, conte tamén con personaxes de carne e óso", en palabras dos xestores. 

A Corporación ofrece agora crear un programa infantil e outro de entrevistas e reportaxes para a noite

O comité de folga recoñece que as novas propostas, que se implantarían no vindeiro mes de febreiro, supoñen "un avance importante" respecto do desleixo amosado nun inicio pola dirección, aínda que lembra que a CRTVG segue negándose a recuperar as desconexións territoriais na Radio Galega, outra das reivindicacións fundamentais do cadro de persoal. 

Por iso, e á falta de novas negociacións que se retoman o próximo luns, o comité mantén a convocatoria dunha folga de 24 horas o 19 de decembro. Nesa mesma xornada, o persoal dos medios públicos chama toda a cidadanía a que os acompañe nunha concentración que terá lugar ás portas do Parlamento galego entre as 10 e as 12 horas, coincidindo co debate que na Cámara se celebra ese mércores. Desde as 12, unha manifestación dirixirase á Praza Roxa, onde ás 13.30 horas se lerá un manifesto. A pancarta que encabezará a marcha resumirá as súas demandas: Non ao desmantelamento, non á manipulación, non á represión. En defensa do servizo publico

O lema da manifestación será: 'Non ao desmantelamento, non á manipulación, non á represión. En defensa do servizo publico'

Antes desa mobilización, e durante os próximos días, o comité intercentros da CRTVG prepara tamén accións de protesta que non foron desveladas e coas que pretenden rachar co "silencio mediático" que xa denunciaran e mostarlle o seu malestar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 

Mobilización de persoal da CRTVG en San Marcos, durante a quinta xornada de paros parciais / © CUT CRTVG

Ás esixencias do persoal sobre as que hai avances e sobre as que aínda se negocia engádesenlle dous aspectos relacionados coas mobilizacións contra a manipulación e pola cumprimento da lexislación, que celebraron a pasada semana o seu 28º venres negro. O comité pide a "fin da política represiva" mediante o "arquivo" do expediente disciplinario aberto ao locutor Carlos Jiménez e a "reparación pública do dano causado" á xornalista Tati Moyano co expediente que a atinxiu, arquivado o pasado outubro. Solicitan, asemade, a "apertura dunha mesa paritaria" para "aclarar e interpretar as normativas" nas que a área de Recursos Humanos baseou ambos expedientes.

O pasado venres, na súa comparecencia parlamentaria, o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, minimizou o impacto da folga e desbotou a visión "negativa" dos medios públicos que, segundo dixo, trasladan as protestas. 

Concentración de persoal da CRTVG en San Marcos no segundo día de paros

Concentración de persoal da CRTVG en San Marcos no segundo día de paros

Concentración de persoal da CRTVG en San Marcos no segundo día de paros

Concentración de persoal da CRTVG en San Marcos no segundo día de paros

Mobilización do persoal da CRTVG no primeiro día de folga

Mobilización do persoal da CRTVG no primeiro día de folga

Mobilización do persoal da CRTVG no cuarto día de folga

Mobilización de persoal da CRTVG en Compostela no quinto día de paros

Mobilización do persoal da CRTVG no quinto día de folga

Mobilización do persoal da CRTVG no quinto día de folga

Mobilización de persoal da CRTVG en Compostela no sexto día de paros

Mobilización de persoal da CRTVG en Compostela no sexto día de paros

Mobilizacións durante os paros pola folga na CRTVG

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.