Carrancas e Tarabelos

Xosé Manuel Sarille

Xosé Manuel Sarille

Escritor e xornalista. E algo así como: Acaba de publicar o ensaio A Nova Presenza do BNG. Unha Visión Política e Dúas Achegas Estruturais.

  • A auga entre os dedos

    É posíbel que nós non esteamos sendo capaces de comprender esta nova realidade, igual que os diplomáticos do S. XIX non comprendían o que pasaba en Europa? Estamos ante un cambio profundísimo de modelo, do que Europa aínda non se enteirou ben? A desaparición pura e sinxela da vida privada e da intimidade, da liberdade e da cidadanía tal como a viñamos concibindo.

  • Xosé Luís Franco Grande

    Franco Grande pertence á xeración da noite, que no final da ditadura eran homes e mulleres na plenitude da vida. Eu mercara daquela o seu dicionario. Todos estes días tiven gañas de definilo como un dicionario de combate, pero non é exacto. Foi un utensilio para sobrevivir no deserto.

  • Virus e troianos

    Con tal volatilidade política, con tantas decisións súbitas, aumenta a pura fortuna, os asuntos que non están baixo control, por dicilo pronto. E convén estar atentos ás manobras dos partidos neofascistas, tamén en España.

  • Amor a Lugrís

    O mural da entrada comeza a estar nun estado irremediabelmente deteriorado. O novo empresario dixo que a Dirección de Patrimonio non atende as demandas administrativas que el fai. Trátase de todos os xeitos dunha neglixencia imperdoábel, dun desastre que pronto será irreparábel.

  • Antiquísima Victoria Kent

    Joaquín Soler Serrano entrevistou en 1979 no programa de televisión “A Fondo”, a Victoria Kent. Os xornais deste noso tempo clasifícana dentro do feminismo, mais ela di que non se considera feminista en absoluto e afonda en sorprendentes e arcaicas concepcións da paridade

  • Intúese un refluxo do feminismo

    A emerxencia fascista actual ten tamén un grande caladoiro no sentimento masculino de derrota, relativamente amplo, ante a afirmación social das mulleres. Trátase do macho vulnerado, incapaz de renovar os seus valores, que segue manexando os vellos, nos que foi formado, cada vez máis obsoletos porque cada vez son menos aceptados.

  • As megatrolas

    A dereita española parécese cada vez máis á latinoamericana. Vaise convertendo en primaria e brutal. Faino porque identificou un público ignorante e outro siareiro que xa odia de antemán e desexa ouvir precisamente iso. Detectaron ese caladoiro, funciónalles e urxe buscar novos recursos para combatelos.

  • Camarón ou Federico

    Ángel Fernández de Miranda vai máis alá. Di que a vida é unha potencia dotada de precisos atributos e que para a mentalidade primitiva e arcaica todos os transos da vida están dotados de sacralidade. Que existe unha estreita conexión entre a morte, a vida-sangue, e a sexualidade-fecundidade. Vivir, enxendrar e morrer. Que sangue, fecundidade e morte resumen dalgún xeito a obra de Federico.

  • Y en eso llegó Guaidó

    É neste contexto de extinción de Guaidó que se deben entender as palabras de Pedro Sánchez nos días da súa visita a Madrid e Bruxelas: “España persegue liderar a través das institucións europeas unha resposta dialogada para unha pronta solución e para convocar eleccións en Venezuela”.

  • Golpe de litio e odio en Bolivia

    Evo Morales comezou a gobernar en 2006. Bolivia posúe as maiores reservas mundiais de litio, un recurso escaso e moi pouco estendido. Daquela xa se sabía. Por iso o MAS de Evo decide impulsar un plan nacional de industrialización, baseado nos evaporíticos. O evaporítico principal de Bolivia é o litio.

  • Trata

    É moi meritorio que o acordo de goberno entre o PSOE e UP inclúa medidas para erradicar a trata. Xa veremos cal é a intensidade práctica desas medidas, porque a demanda cidadá non existe.

  • Non pense no Haití

    Pregunteille a un médico amigo se algunha vez recibiu pacientes cuxo pé, adxunto ao danado, non estivese en condicións de aseo para o exame comparativo imprescindíbel.