O 'Padroado de protección á muller' en Galicia: represión franquista ao pé da túa casa tamén en democracia
Dous filmes están a acrecentar o eco das reivindicacións das superviventes da rede de centros de internamento para mozas artellada pola ditadura en alianza con ordes relixiosas e mais das pescudas históricas que, tamén no noso país, permiten reconstruír a xeografía dunha represión tan oculta como próxima
Mobilizacións de época nas principais cidades culminan a folga xeral en Galicia
Decenas de milleiros de persoas secundaron as manifestacións deste 11N, que superaron as expectativas sindicais con matices e visións diversas pero con reclamacións básicas comúns: dereito a unha vida digna, con vivendas accesibles e salarios adecuados.
Feijóo leva ao programa do PP prohibir o galego no Congreso e derrogar a Lei de Memoria se goberna
Os populares aseguran que se contan con maioría dabondo tras o 29N aprobarán unha contrarreforma do Regulamento parlamentario para que volva ser obrigatorio falar en castelán, medida que tamén aplicarían a organismos como a conferencia de presidentes. O programa do partido contempla unha reforma exprés dos medios públicos estatais para, din, "garantir unha información rigorosa, plural e independente". Con Feijóo na Moncloa, agregan, quedaría "garantida" a "liberdade de prensa"
Besteiro erixe o PSdeG én "único garante da gratuidade da AP-9" tras o 29N e insta a Rueda a aceptar o traspaso
O traspaso da AP-9 chega ás eleccións xerais coa lei que o regula aprobada polo Congreso e pendente dun acordo da Xunta co Goberno de España para o aplicar. "O que fixo o PP foi negocio para os seus amigos e peaxes para o resto de galegas e galegos, cos gobernos de Pedro Sánchez aforraron 420 millóns", sinala o líder dos socialistas
- Crónica Cara ao 29N
- Política
Feijóo, de herdar o fraguismo a abrir Galicia a Vox
Dúas décadas despois de poñerse á fronte do PPdeG baixo cuxas siglas Fraga aglutinou a todas as dereitas, o ex-presidente preséntase como a principal oportunidade para que a extrema dereita acabe tendo poder real tamén en Galicia se o resultado do 29N deriva nun bipartito cos de Abascal
A nova conselleira de Política Social contratou un informe que culpaba a Ada Colau da ocupación de vivendas
Con Ángeles Vázquez á fronte a daquela Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda puxo o foco nunha suposta "impunidade" das ocupacións mentres impulsaba apenas unha trintena de vivendas de promoción pública en sete anos. O informe, contratado por 8.000 euros, reproducía parágrafos enteiros dunha proposición de lei do PP castelán e manchego e fora elaborado por unha profesora e dirixente popular desa rexión
A TVG prevé un só debate ás 9:30 da mañá na campaña das xerais
As forzas políticas reciben este venres o plan de cobertura elaborado pola CSAG para o 29N, cun só debate televisivo matinal e noutro na Radio Galega ás oito do serán. RTVE propón tres de ámbito estatal en horario de máxima audiencia. PP, PSdeG, Fronte Ampla e BNG elixirán as quendas de apertura e peche dos catro bloques temáticos dos debates e a súa situación no estudio por orde dos votos obtidos en 2023 e non por sorteo
Campaña para reclamar "masivamente" que a Xunta publique o pacto secreto con Altri
Ulloa Viva, as plataformas contra a Mina de Touro e na Defensa da Ría de Arousa e mais Adega facilitan un "escrito modelo" para que "a cidadanía galega rexistre de forma masiva a mesma petición" de acceso ao contido do acordo asinado entre Impulsa Galicia e a empresa portuguesa. Coñecer o documento, alegan, ten "especial interese" mentres "o PP ameaza con recuperar o proxecto industrial en caso de que chegue a gobernar o Estado coa axuda de Vox"
O Consello de Seguridade Nuclear asume a inspección radioactiva en Galicia ao xubilarse o técnico da Xunta
CNS e Consellería de Presidencia acordan que o ente estatal asuma as funcións que leva exercendo a Administración galega dende que Fraga as asinou en 1990. O funcionario "cuxa idoneidade foi apreciada" en 1991 "causou xubilación" e "na actualidade, a Xunta non dispón doutro inspector/a que cumpra os requisitos". A suspensión manterase "mentres subsista a falta de medios persoais idóneos"
"Ao bordo do crack": as deputacións de PSdeG e BNG esixen máis fondos "obxectivos" da Xunta aos concellos
Nas comparecencias ante o Parlamento para presentaren os seus orzamentos de 2027 o presidente da Deputación da Coruña advirte duns municipios "asfixiados polos custos" e a presidenta da de Lugo "reta" o Goberno galego a "abrir o debate sobre o reparto dos fondos públicos" para "que non dependan de quen goberne noutra institución": "Non son favores, pertencen á cidadanía"
A precampaña das xerais reactívase en Galicia pola Feira de Santos
A centenaria feira monterrosina é, historicamente, un punto de interese político. Rueda, Pontón e Besteiro non faltaron este ano, no que a cita cadrou coa fin do loito oficial pola traxedia de Urda
A Xunta Electoral amoesta a Rueda por un acto institucional de vivenda en Vigo
Ordena a retirada da nota de prensa e require ao presidente da Xunta que "se absteña" de realizar actos coma ese durante o proceso electoral. "Non se limitou a informar con neutralidade sobre o funcionamento dun servizo público", aclara o organismo.