- Enquisa Galegas 2020
- Política
O PP, ao bordo de perder a maioría absoluta a un mes das eleccións galegas
A enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es sitúa o PP ao límite da maioría, con entre 36 e 38 escanos, e sen socios pola dereita con representación no Parlamento que lle permitisen completala. O PSdeG recuperaría a segunda posición ao medrar entre 6 e 8 escanos e o BNG tamén lograría unha pronunciada suba, mentres que Galicia en Común descendería notablemente con relación a En Marea
O futuro dos presos independentistas cataláns: sen as primeiras condicionais ata 2023 e pendentes dos permisos
As medidas de semiliberdade quedan en mans das autoridades penitenciarias catalás. Contra o criterio da Fiscalía, a sentenza non pon límites á concesión de beneficios, que poderían empezar a reclamarse de maneira inmediata
Cospedal encargou por 9,5 millóns á empresa de Morenés avaliar os mísiles que atrasaron as fragatas de Ferrol
A empresa que dirixiu o ex-ministro tiña que realizar un estudo de viabilidade sobre a implantación dos seus propios materiais nos buques. Antes de asinar o contrato o Ministerio xa sinalara como "prioritarios" os mísiles, cuxa adaptación adiou o encargo aos estaleiros ferroláns
O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa do ex-ministro Morenés
O Ministerio de Defensa impuxo na etapa de Rajoy contra o criterio da Armada a instalación dos mísiles da multinacional que presidiu o ex-ministro, atrancando un proxecto de 4.000 millóns que, segundo os cálculos gobernamentais, implica dez anos de carga de traballo nos estaleiros ferroláns de Navantia
A Fiscalía pide 25 anos de cárcere por rebelión para Junqueras e 17 para os 'Jordis' e Forcadell
O ex-vicepresidente catalán e líder de ERC levará a peor parte da acusación do Ministerio Público. O criterio da Fiscalía non o comparte a Avogacía do Estado, que reclama até 12 anos de cadea por sedición e malversación.
Màxim Huerta dimite como ministro pola polémica da súa fraude con Facenda
O xa ex-titular de Cultura asegura que marcha para non danar o proxecto de Pedro Sánchez, reivindica a súa "inocencia" e asegura que a multa da Axencia Tributaria foi froito dunha demanda interposta por el mesmo.
A moción de censura do PSOE xunta votos dabondo para pór fin ao Goberno de Rajoy
AO VIVO A posibilidade de dimisión de Rajoy, ausente durante a metade da sesión, marca a primeira xornada do debate da moción de censura que, agás sorpresas, acabará con Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España
O apoio do PNV á moción do PSOE aboca á fin do Goberno de Rajoy
AO VIVO | Alén de negar sistematicamente a corrupción do seu partido, mesmo a constatada na na sentenza do caso Gürtel, Rajoy esforzouse en axitar o medo ao "Goberno Frankenstein"
O PSOE activa a moción de censura contra Rajoy como resposta ás condenas da Gürtel
O Grupo Socialista no Congreso rexistrou a iniciativa con Pedro Sánchez como candidato antes de iniciar a xuntanza da Executiva do PSOE que debaterá os detalles. A data do debate que podería desbancar o PP do Goberno de España queda nas mans de Ana Pastor
- Feijóo reduce o caso Gürtel a que Bárcenas “non foi un tesoureiro moi exemplar e iso puido contaminar o PP"
- INTERACTIVO | Posibles combinacións de votos para que a moción saia adiante
- “Os certificados de credibilidade repártenos os cidadáns”, di Rajoy despois de que a Audiencia dubidase do seu testemuño
Feijóo afronta a fuga a Ciudadanos dun dos conselleiros estrela do seu primeiro Goberno
O obxectivo de Guerra non é a inalcanzable alcaldía de Vigo: pretende condicionar a política galega dende a principal cidade en poboación, a que Feijóo considera a súa casa, e con iso socavar a súa imaxe como aspirante a suceder a Rajoy
Anova acusa a Unidos Podemos de ignorar os seus membros no grupo de En Marea no Congreso
A Permanente da formación lamenta que non se contase co actual voceiro de En Marea no Congreso para apostar coa reforma electoral da man de Ciudadanos, un grupo "radicalmente en contra do autogoberno" galego e que "ataca ferozmente a nosa lingua e cultura"
Feijóo intensifica a súa campaña interna no peor momento de Rajoy
O presidente da Xunta prodígase en entrevistas en medios estatais onde lanza críticas á comunicacion do PP e confronta con Ciudadanos. Repite que non se ve outra vez candidato nunhas eleccións galegas e a súa contorna admite que se deixa ver por se o líder dos populares en España non repite