O colectivo obreiro católico súmase á folga xeral: "salarios dignos e acceso efectivo á vivenda"
Nun comunicado a Irmandade Obreira de Acción Católica (IOAC- HOAC de Galicia) denuncia que "a especulación coa vivenda converte unha necesidade básica nunha fonte de enriquecemento a custa das condicións de vida doutras persoas". Reclama tamén aos empresarios que negocien subas salariais.
- Datos Cara ao 29N
- Política
A esquerda 'perde' moito voto que non se converte en escano (pero ultimamente tamén o fai a dereita)
En 2023 a esquerda, co 50,2% dos votos, ficou co 43% dos representantes. E non foi a primeira vez. A razón está, principalmente, na fragmentación do voto de esquerda e tamén na dificultade para obter representación en Lugo e Ourense. Repasamos os datos.
Teño que avisar de que vou facer folga? 11 preguntas e respostas sobre o 11N
Este mércores 11 de novembro está convocada a primeira folga xeral en 14 anos. Por este motivo é conveniente facer un repaso a algunhas cuestións básicas sobre o dereito á folga, as garantías coas que contan traballadores e traballadoras e o que empresas e empregadores poden e non poden facer.
- Datos Cara ao 29N
- Política
É inevitable o 3-1 para o PP en Lugo e Ourense? A historia recente di que non
Dende que Lugo e Ourense elixen 4 deputados (ata 1996 Lugo escollía 5, o mesmo que Ourense ata 1993), o PP conseguiu o terceiro escano en menos da metade das ocasións: en Lugo en 1996, 2000, 2011 e 2023 e en Ourense en 2000, 2004, 2011, 2016 e 2023. Hai tres anos o PP fíxose co derradeiro escano en xogo en ambas circunscricións cunha diferenza seis mil votos sobre o PSdeG e de 16 mil sobre o BNG.
"Máquinas pra coser d'a compañía fabril Singer": 150 anos do primeiro anuncio en galego na prensa
O 5 de novembro de 1876, hai exactamente 150 anos, O Tio Marcos d'A Portela incluíu nas súas páxinas o primeiro anuncio publicado en prensa, que subliñaba a existencia de "notabres rebaixas n'os preceos e grandes descontos o contado" e pedía "fixarse ben pra non ser enganados", reclamando "coidado co-as falsificaciós e imitaciós alemás".
A internacional reaccionaria tamén perde na casa: histórica vitoria demócrata nas lexislativas dos EUA
Donald Trump sufriu este martes unha humillación nas eleccións de medio mandato (midterms) que renovan unha parte importante do Congreso e do Senado. Os demócratas pasan a controlar as dúas cámaras, pero o líder republicano xa ameaza con vetar as súas iniciativas lexislativas. Pedro Sánchez celebra a derrota ultra: "ocorreu en Brasil. Acaba de ocorrer en EEUU. E ocorrerá pronto en España"
De Pablo a Mateo e de María a Sofía: así mudaron neste século os nomes máis frecuentes
Mateo, Martín e Hugo para os nenos; e Sofía, Vega e Noa para as nenas. Estes foron o pasado ano os nomes máis escollidos para os e as bebés nacidas en Galicia. Pablo, Alejandro ou Daniel, o mesmo que María, Lucía, Laura ou Paula, encabezaban a lista nos primeiros anos do século XXI.
Ferrol xa é Lugar de Memoria democrática como exemplo de "resistencia ante o fascismo"
O BOE deste luns publica a resolución que declara Lugar de Memoria democrática a cidade de Ferrol. A declaración destaca que "malia a violencia sufrida" a cidade "mantivo viva a súa tradición de loita obreira e de resistencia ao longo do tempo" e sinala unha longa lista de espazos emblemáticos vinculados a esta memoria.
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Acontece Lugo
"O Padroado de Protección á Muller foi unha institución de control social e moral das rapazas"
Lugo acolleu a xornada A represión das mulleres. O Patronato de Protección a la Mujer, unha iniciativa da Deputación de Lugo e a Fundación Luis Tilve na que interviron Montse Fajardo, Tamara López Fernández -coas que falamos- e Silvia Fernández Quinteiro. Milleiros de mozas pasaron durante a ditadura e ata o ano 1985 polos centros asociados a esta institución, xestionados en moitos casos por ordes relixiosas.
O gasto en vivenda, luz, auga e combustibles das familias galegas medrou un 30% en sete anos
O grupo de gasto máis importante das familias galegas é o que inclúe os desembolsos realizados para o pagamento da vivenda e tamén as subministracións. O 21,5% de todo o que pagamos dedícase a isto. É, ademais, o capítulo no que máis se incrementou entre 2017 e 2024 o gasto (+29,5%), só por detrás da hostalaría (+37%) e das comunicacións (+36%).
Radar 29N: unha ferramenta para seguir as eleccións "pensada dende Galicia e para Galicia"
A iniciativa do consultor Roi P. Vila ofrece unha proxección de escanos, amosa a loita polo derradeiro escano en cada provincia, analiza as características do electorado indeciso (e a súa posible activación durante a campaña), os movementos do voto dual ou as preocupacións da cidadanía. O trebello irá actualizándose nas vindeiras semanas cos novos datos das sondaxes publicadas.
- Entrevista | Iván López-Díaz
- Mundo
"Tras a derrota da primeira volta Lula convenceuse de que había que traballar doutra forma nas redes"
Lula da Silva consumou este domingo unha remontada histórica e derrotou a Flávio Bolsonaro nas eleccións á Presidencia do Brasil. Falamos con Iván López-Díaz, doutorando da Universidade Autónoma de Madrid e colaborador do IGADI, sobre as claves do resultado e as consecuencias que a vitoria da esquerda pode ter na política do país nos vindeiros anos.