Pauleta, a futbolista galega que cumpre o soño de xogar coa 'seleção' de Portugal
A futbolista de Redondela virou estrela e capitá do Benfica, grande de Portugal, país onde leva máis dunha década. Logo de obter a nacionalidade portuguesa e tras superar dúas graves lesións, vén de ser convocada polo combinado luso.
Profesorado escaso, goteiras e abandono: a "situación crítica" de 70 colexios na provincia da Coruña
Un informe da federación de ANPAs detalla a deterioración "progresiva e alarmante" que sofren centros públicos que acollen 22.000 estudantes. O 70% deles teñen pingueiras, máis do 60% problemas na instalación eléctrica e falta de profesorado especialista. A inmensa maioría denuncia ratios elevadas sen reforzos suficientes.
Altri non: da conexión política á desconexión eléctrica
A ausencia da subestación que daría servizo á factoría da planificación eléctrica do Estado pon punto final á aventura da multinacional portuguesa na Ulloa. Xunta e empresa denuncian a exclusión "política" dun proxecto que chegou a Galicia da man do Goberno galego, a través dunha empresa xa disolvida e cun pacto aínda secreto, e que foi contestado masivamente na rúa.
Do verde das Conchas ao encarnado de Antela: a contaminación constante na auga da Limia
Entidades ecoloxistas levan a Fiscalía a polución na lagoa en Sarreaus, tinguida de cor vermella desde decembro por unha cianobacteria "moi perigosa", ante a "inacción e o desleixo" das administracións fronte a un episodio máis de degradación ambiental na comarca, que vén de recibir a condena definitiva á Xunta e ao Estado pola polución das macrogranxas
As borrascas de 2026 en Galicia: máis de 7.600 incidencias e auga para abastecer a poboación máis dun século
Nos 44 días deste ano, en só catro non houbo no país ningún aviso meteorolóxico. A chuvia caída supón a cantidade equivalente á necesaria para cubrir o consumo de todos os fogares galegos durante 113 anos. Un muro de Bonaval, última vítima dos temporais.
Alcoa pide ampliar a súa balsa de lodos a 110 metros de altura un ano despois de superar os 100
A empresa solicita a ampliación outros seis metros máis do depósito de residuos perigosos de Xove logo de que a Xunta autorizase elevar a cota ata os 104 metros en febreiro do pasado ano.
Enésima reforma do Sergas nos centros de saúde tras outro modelo frustrado e seis anos de traballo baldío
O conselleiro Gómez Caamaño anuncia dous grupos de traballo para reformar a atención primaria logo de retirar o plan presentado en outono e manter aberto un consello técnico no que centos de profesionais e expertos en 15 comisións técnicas traballaron para unha nova proposta que aínda non se fixo pública.
As protestas por graves deficiencias nos colexios públicos conflúen nunha gran marcha na Coruña
A Federación de ANPAs da provincia convoca unha gran marcha o sábado 28 ante a "falta de recursos humanos e as deficiencias en infraestruturas e atención á diversidade". "O que eran incidencias illadas convertéronse nun problema estrutural", advirte.
A prestación por crianza que ultima o Estado chegaría a uns 300.000 fogares galegos
O Consello de Ministros actualiza a súa Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030, que inclúe esta axuda para todas as familias de 200 euros ao mes por cada menor de 18 anos a cargo. "Tería un efecto inmediato na redución da pobreza infantil", asegura o ministro Bustinduy.
Peores incendios e temporais, máis eucalipto e menos marisco: a crise climática que xa afronta Galicia
Expertos sinalan o enfraquecemento do vórtice polar e o quecemento dos mares como as causas do aumento da intensidade e da continuidade das borrascas
A Xunta corrixe con catro sindicatos o acordo educativo cun pacto que CIG-Ensino estuda denunciar
O acordo entre Educación e CCOO, UGT, ANPE e CSIF limítase a eliminar a cláusula que instaba a diferir a negociación para reducir horas lectivas ao momento na que se abordase a xornada de 35 horas para todo o persoal da Xunta. A central nacionalista valora "accións legais" contra a medida por "exceder" o ámbito do pacto.
"Na TVG queremos facer o noso traballo, pero non nos deixan. Se ergues a voz, castígante"
A piques de cumprirse 30 anos desde a súa chegada á televisión pública, a xornalista advirte da súa "crítica" situación actual e mais da "desafección" e o "desapego" que cara a ela percibe na sociedade galega. "Con Fraga traballabamos con moita máis liberdade; habendo censura e manipulación, non era tan descarada nin tan evidente", di quen asegura que lle "dá urticaria" escoitar a Feijóo denunciar manipulación na TVE.