Amnistía Internacional pide á policía garantir en Galicia o dereito á protesta e que "non use pelotas de goma"
A entidade fai un chamamento á Delegación do Goberno ante as concentracións previstas contra Vox, pide que se "respecten as normas internacionais sobre o uso da forza" e critica o uso excesivo da forza nas mobilizacións, tamén contra a extrema dereita, de hai uns días na Coruña.
A Xunta Electoral amoesta a Rueda por un acto institucional de vivenda en Vigo
Ordena a retirada da nota de prensa e require ao presidente da Xunta que "se absteña" de realizar actos coma ese durante o proceso electoral. "Non se limitou a informar con neutralidade sobre o funcionamento dun servizo público", aclara o organismo.
Folga de fame de 24 horas en Chandebrito: bombeiros forestais da Xunta reclaman melloras laborais
Varios membros do persoal de extinción autonómico volven exixir traballar durante todo o ano e non só nove meses, a equiparación salarial co persoal funcionario e que se melloren as súas condicións nunha protesta que comezou no mediodía deste venres.
Profesorado denuncia as cargas policiais na Coruña: "O noso alumnado non se maltrata"
Docentes do IES Concepción Arenal de Ferrol, no que estudou unha rapaza que case perde un ollo na protesta contra o acto de Vox, advirten de que "non é aceptable" que a mobilización acabase con mozos e mozas "feridos, algún deles de gravidade". Reivindican o "dereito" da mocidade "a reclamar mellor formación e máis medios na educación e unha perspectiva de traballo digna e de vivenda accesíbel".
O ministro Puente atribúe o accidente a unha orde errónea e "inexplicable" tras un fallo técnico
Óscar Puente asegura que o centro de control autorizou o AVE de Renfe a reiniciar a marcha con normalidade cun convoi de Iryo detido na vía, en contra do que ordenan os protocolos, logo de que o sistema de control LCS caese por un fallo informático.
Os Franco fan caixa cos bens de Meirás nunha poxa de "moito éxito": 10.000 euros por unha xerra
A recadación no primeiro día da poxa, que incluíu pouco máis dun terzo dos obxectos sacados do Pazo, supera os 200.000 euros. Un pequeno óleo das Torres pasou de 60 a 6.000 euros e un retrato do ditador coa muller e a filla, de 80 a 2.250.
Galicia crea 21.300 empregos no verán pero o paro crece en 19.400 persoas
O desemprego tamén aumenta con respecto a hai un ano (en 17.900 persoas) malia que baixa no conxunto do Estado. O forte aumento da poboación activa explica o incremento simultáneo de paro e ocupación no pasado trimestre.
A Galicia xentrificada: dos barrios populares ás zonas vellas e universitarias
O estudo de dous investigadores galegos identifica as áreas vulnerables á xentrificación en Vigo, A Coruña e Santiago e advirte dun proceso moi diferente segundo o contexto local, influenciado polo turismo masivo ou a poboación estudantil, pero tamén polas políticas de rexeneración urbana ou novas infraestruturas.
Feijóo ábrese a recortar o dereito ao aborto e eliminará o Ministerio de Igualdade se chega á Moncloa
O líder do PP confirma que pactará con Vox se é preciso para ser presidente do Goberno de España e que o sería mesmo se a súa non é a lista máis votada. No caso de conseguilo, promete derrogar a lei de Memoria Democrática, reformar a lei de eutanasia e asegura que só subiría o SMI se ten o visto e prace da patronal.
A Delegación avala a actuación policial na Coruña tras varios feridos e denuncias de "brutalidade"
As protestas por un acto do líder de Vox, Santiago Abascal, acaban con duras cargas pola mañá, varios mozos e mozas feridos e enfrontamentos entre algúns manifestantes e antidisturbios pola noite, con tres detidos e arredor de 30 contedores queimados.
Un himno desde o País Vasco para o club de fútbol de Abadín
La Txama, coñecida banda vasca, compón a canción oficial do equipo logo dunha promesa e como agradecemento polo bo trato que lle deu a localidade durante o seu paso polo festival Rumboia Viva.
Máis de 10 millóns para A Coruña e Santiago: o Estado duplica os fondos de zonas tensionadas
O Ministerio de Vivenda dobra a cantidade que destinará exclusivamente ás comunidades autónomas con concellos declarados zonas de mercado residencial tensionado, que pasa de 90 a 180 millóns. Os gobernos coruñés e santiagués levan semanas reclamando xestionar directamente os cartos, algo ao que se nega a Xunta.