
"Fundido a negro": así resistiu a veciñanza o lume na Ribeira Sacra
"Non se paraba co fume, tiñamos que poñernos de xeonllos na bodega para poder respirar", relata Silvia Buján, unha das veciñas da aldea de Budián que quedou cercada polo lume de Pantón. "Non morreu ninguén porque tivemos sorte", conta Roi López. Neste incendio que arrasou parte de ribeira do río Cabe, no corazón da Ribeira Sacra, arderon 1.805 hectáreas e queimáronse nove vivendas