O Supremo confirma a condena á CRTVG por vulnerar o dereito á folga feminista do 8M
O alto tribunal acusa a Corporación de substituír a presentadora dun informativo polo seu xefe para "limitar o dereito de folga" e "neutralizar o efecto propio e esencial do exercicio dese dereito" e confirma o ditame do TSXG.