0 Gardados para despois

Un país sen caixas

O 1 de decembro de 2010 botou andar Novacaixagalicia, froito da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova. En setembro de 2011 consumouse a bancarización dunha entidade con máis de tres millóns de clientes e unha cota de mercado de preto do 50%. A nacionalización de Novagalicia Banco e a absorción de Banco Pastor deixa Galicia sen poder de decisión no sector financeiro, máis aínda tras a adquisición, o 18 de decembro de 2013, da herdeira das caixas galegas polo venezolano Banesco.

Feijóo e Currás, con Varela, Gayoso e Castellano

O Goberno finiquita a aventura de Feijóo e Castellano

As catro entidades nacionalizadas polo Estado, entre elas Novagalicia Banco, van ser sacadas ao mercado "o antes posible". Sairán á venda. A poxa, de producirse, pon fin á aventura de José María Castellano como presidente dun banco que esperaba contar ata o mes de setembro para captar 500 millóns de capital. Feijóo debe comparecer o día 15 no Parlamento galego para falar do futuro da entidade.

José Luis Pego, exdirector xeral de Novagalicia Banco

Préstamos fóra de prezos de mercado para a dirección de NCG

Segundo a última estatística do INE, o tipo medio que un usuario tivo que pagar para formalizar unha nova hipoteca foi, con datos de novembro, do 4,5%. Esta taxa é case un 18% máis elevada a nivel interanual (en comparación co mesmo mes do ano anterior). No caso das caixas, o tipo de xuro é catro décimas superior. Non obstante, a alta dirección de Novacaixagalicia goza de tipos moi por debaixo do prezo de mercado