O .gal fai dez anos: un dominio galego non só "bonito", tamén "útil" e que busca medrar no eido empresarial
PuntoGal celebra o décimo aniversario do dominio galego cunha nova imaxe de marca, unha oferta de rexistros a dez euros e condicións especiais para entidades sen ánimo de lucro. Ademais, organizará no Culturgal concertos, un debate e outras actividades para conmemorar a efeméride. Suma 7.200 rexistros activos, cun crecemento lento pero sostido e unha taxa de renovación do 90% que confirma a súa consolidación. Falamos co seu director xeral, Darío Janeiro.