0 Gardados para despois

Sentenza do decreto

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de estimar parcialmente o recurso presentado pola CIG, a Mesa pola Normalización Lingüística e Queremos Galego contra o Decreto de Plurilingüismo do Goberno de Núñez Feijoo. Anula o artigo 5.2., no que se estipulaba a realización dunha enquisa entre os pais e nais en Educación Infantil e o 12.3. no que se establecía que o alumnado podería usar na aula a lingua da súa preferencia. A sentenza supón un duro pau ao cerne da polémica política lingüística da actual Xunta.

Plenario da RAG

Os argumentos da RAG ante o Tribunal Supremo

O recurso de casación da institución tras os ditames do TSXG aséntase en que a Xunta a obviou na elaboración do decreto plurilingüe. A Academia subliña ademais que a norma modifica, a efectos prácticos, a Lei de Normalización Lingüística.