0 Gardados para despois

Dereito ao aborto

O 20 de decembro de 2013 o Goberno de España aborda en Consello de Ministros un informe co que inicia a súa prometida contrarreforma da lei que regula a interrupción voluntaria do embarazo, dando lugar a inmediatas protestas. O proxecto, impulsado polo ministro Ruiz-Gallardón, é máis severo do agardado, arrebátalles ás mulleres o dereito ao aborto e limítao a casos de violación ou certos problemas de saúde. Só o PP o apoia.

Marcha polo dereito ao aborto en Compostela

O plan do PP de Casado para o aborto: contrarreforma de Ruiz-Gallardón e lei de Feijóo

O líder do PP defende que a interrupción do embarazo "non é un dereito" das mulleres e, na liña do mantido por Feijóo mentres estivo sobre a mesa a contrarreforma de Ruiz-Gallardón, asegura que a lei do aborto de 1985 tivo o "acordo dos dous grandes partidos", aínda que non é certo