0 Gardados para despois

Galicia a debate

Entre o 7 e o 9 de outubro celébrase no Parlamento o segundo debate de política xeral da lexislatura. O presidente da Xunta aposta por presentar a súa xestión como a vía de saída da crise e única opción posible de goberno para Galicia, mentres que a oposición lle reprocha os casos de presunta corrupción e a desigualdade da sociedade, ademais de tentar presentarse como alternativa.

Os deputados e deputadas votan unha das propostas

O primeiro pacto galego anticorrupción implica recortar á metade a campaña electoral

O PP logra o apoio do PSOE para o seu plan de "prevención" de prácticas corruptas aínda que os socialistas o consideran insuficiente. O debate de política xeral remata cunha ducia de acordos entre grupos, 8 unanimidades, entre elas a condena do franquismo, e o 96% das propostas da oposición rexeitadas. Os conservadores sacan adiante en solitario a súa iniciativa contra o soberanismo catalán.

Membros do PP e do Goberno apláudenlle a Feijóo

O debate que non foi trending topic

A tropa dixital reclutada polos partidos, especialmente polo PP, non logrou incrementar o interese cidadán polo debate de política xeral, cuxa primeira sesión rematou cun incremento da tensión e unha perspectiva de escasos pactos para a segunda xornada, que se celebra o xoves.