Consellos á esquerda galega tras non dar gobernado outra vez
David Lombao- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
O PSdeG aspira con Besteiro á ollada a medio prazo que logrou o BNG con Pontón
A interinidade nos liderados vén sendo unha das principais eivas do PSdeG nesta longa travesía de oposición. As primeiras reaccións orgánicas tras o pau electoral do 18F apuntan a que o lucense terá a oportunidade de construción dun proxecto galego para o partido que non puido culminar antes de verse obrigado a abandonar a política en 2016
- Análise 18F Eleccións galegas
- Política
O PP tamén lograría a absoluta o 18F sen a sobrerrepresentación de Lugo e Ourense
O sistema electoral outorga un mínimo de 10 escanos a todas as provincias e os restantes repártense en función da poboación, o que sobrerrepresenta a Lugo e Ourense. Se o mínimo provincial fose de 5 escanos e non de 10, o PP finalizaría a noite electoral con 38 escanos e non con 40, mentres que o PSdeG tería 11 e non 9. O BNG mantería os 25 que logrou e DO tamén obtería un representante
O PP culmina a remuda dende o poder absoluto e frea a pulsión de cambio malia un BNG de récord
Que a esquerda chegase á Xunta observouse como unha posibilidade máis palpable ca nunca en década e media. Tamén pola base electoral do PP, que se mobilizou masivamente no triunfo do PP de Galicia con menor autonomía a respecto da dirección estatal. Pero, paradoxalmente, vén supoñer o aval a Rueda para, agora si, construír un equipo de seu no vindeiro Goberno. Pontón liderará un grupo do BNG con tantos escanos coma os que tiña o PSdeG cando logrou a presidencia da Xunta e mantén que a formación non ten "teito". Besteiro compromete tentar "consolidar un proxecto recoñecido para a cidadanía" na noite electoral máis dura para os socialistas galegos
O PP encadea a súa quinta absoluta e supera o récord de Fraga malia á suba do BNG
O PP revalida o Goberno galego sen apenas desgaste, cedendo menos dun punto e dous escanos. O Bloque consolídase na segunda posición con 25 escanos, un novo máximo histórico sobre todo a costa dun PSdeG que asina seu peor resultado histórico nun Parlamento no que entra DO cun representante
- Fontes do Sar 18F Eleccións galegas
- Política
Un BNG entusiasmado ve a Pontón na presidencia: "Se ningún voto do cambio se perde, faremos historia"
O Bloque desborda as súas propias expectativas no mitin de peche dunha campaña que ve "histórica". "Este país xa cambiou e o domingo vaise levantar e facer historia; o cambio é imparable, está aquí e ninguén o vai frear", di Pontón, que apela especialmente a que nunca votou BNG para lograr chegar á presidencia
A Xunta envía milleiros de SMS a persoal sanitario anunciando melloras de soldos a 12 horas da fin da campaña
O Sergas informa nos teléfonos móbiles de médicos, residentes ou enfermeiras de aumentos retributivos aprobadas, acordadas e anunciadas hai xa meses e a dous días das eleccións.
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A campaña inesperada dá paso ás eleccións máis incertas entre ilusións e temores
Remata a carreira cara a unhas eleccións que o PP adiantou buscando o perfil baixo e adminitrativista. Enfronte atopou máis pulsión de cambio da esperada, un BNG con Ana Pontón desbordando os marcos e a Besteiro co apoio pechado da dirección federal do PSOE de comezo a fin. Os conservadores temen pola perda da Xunta pero na esquerda tamén hai temores: á frustración colectiva se o cambio non chega por unha presada de votos ou pola influencia de dúas siglas: DO e CERA
- Documento 18F Eleccións galegas
- Política
A Xunta renova licenzas de caza automaticamente e de balde a maiores de 65 ás portas do 18F
A renovación das licenzas de caza xa era gratuíta para maiores de 65 dende o ano pasado. Agora, a Xunta implanta a renovación automática e comunícao en vésperas electorais aos cazadores en cartas asinadas pola vicepresidenta Vázquez, que alude á vontade de promover "servizos públicos máis directos e personalizados"
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A campaña do PP recorre a ETA ao xeito de Fraga dez días antes de perder a Xunta
Os populares reeditan contra Ana Pontón a estratexia despregada na campaña galega de 2005, cando mantiveran que un Goberno de PSdeG e BNG "podería facilitar" o terrorismo en Galicia. "O nivel de nerviosismo do PP está superando todo o que nos podiamos imaxinar. O cambio é imparable", considera a candidata do Bloque
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Das catro eleccións ao voto exterior: claves do 18F ás que ollar durante o 'silencio' das enquisas
A publicación de sondaxes está prohibida ata o peche das urnas, pero séguense realizando e son clave na toma de decisión dos partidos para as catro eleccións galegas, unha por provincia. O limiar do 5% para optar a ter representación ou o temor ao impacto do CERA son elementos clave nun contexto no que os escanos finais de cada circunscrición poidan acaba determinando se o país é gobernado pola esquerda ou a dereita
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Pontón e Besteiro bosquexan en RTVE o programa dun Goberno da esquerda en contraste co "candidato ausente"
A ausencia de Rueda deixa á candidata do BNG e ao aspirante do PSdeG vía libre para presentaren o programa dun posible Executivo progresista falando de política galega nunha hora da franxa de máxima audiencia de RTVE. Nacionalista e socialista remítense ao resultado electoral para falaren de eventuais pactos para un "Goberno que represente a pluralidade", di Pontón; un "Goberno de progreso", agrega Besteiro