- Primeiro de Maio: Galicia, sen mocidade quedas que poida cotizar
- A CIG anuncia unha folga xeral para o martes 19 de xuño
Tempo de gañar foi o lema escollido por UGT e CCOO para a súa mobilización deste 1 de maio, que tivo na tradicional manifestación polas rúas de Vigo o seu elemento central. Os dous sindicatos puxeron o foco na necesidade de que a clase traballadora deixe de ser a perdedora da crise e comece a sentir tamén ela a súa suposta fin.
Baixo o lema Tempo de gañar, os dous sindicatos celebraron a súa manifestación central en Vigo pero tamén outras marchas na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía e Viveiro
O responsable en Galicia de UGT, José Antonio Gómez, chamou á mobilización para que este 1 de maio sexa un “punto de inflexión” das políticas laborais mentres que o de CCOO, Ramón Sarmiento, reclamou unha maior distribución da riqueza que non se está a producir malia o retorno ao crecemento económico.
A manifestación de CCOO e UGT en Vigo, á que asistiron entre outros o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o alcalde da cidade, Abel Caballero, tivo, como vén sendo habitual, un recorrido en parte coincidente co da marcha da CIG, convocada por separado. Se os dous sindicatos iniciaron a súa marcha ás 11.30 horas desde Vía Norte para finalizar en Montero Ríos tras pasar por Urzaiz, a CIG comezou a súa marcha ás 12.00 horas algo máis arriba, no barrio do Calvario, para descender cara ao centro da cidade tamén pola rúa Urzaiz.
Ademais da manifestación de Vigo, UGT e CCOO tamén se mobilizaron na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía ou Viveiro.
Marcha de CCOO e UGT polas rúas de Vigo [@RSarmientoCCOO]