Cesan nos seus cargos a xerente do Sergas, Nieves Domínguez, e o director xeral de Traballo, Odilo Martiñá
Fálase
Cesan nos seus cargos a xerente do Sergas, Nieves Domínguez, e o director xeral de Traballo, Odilo Martiñá
O Consello da Xunta aproba unha proposta de conservación da praia das Catedrais. O Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo reclaman que Augas Santas e a súa contorna sexan declarados como Parque Natural.
Leopoldo González-Echenique dimite como presidente de RTVE. Cóntao El Diario
O Goberno informou a Igrexa antes de retirar a contrarreforma do aborto. A cúpula da Conferencia Episcopal enterouse da intención do Goberno o pasado xoves.
The New York Times dedícalle unha ampla información ás declaracións machistas do alcalde de Valladolid, Javier León de la Riva, e relaciónaas co debate sobre a violencia de xénero en España.
Xa hai máis de mil millóns de sitios web rexistrados, segundo un informe de Netcraft, aínda que tres de cada catro non están realmente activos.
Dimite a dirección do IES Vilar Ponte de Viveiro en protesta porque a Consellaría de Educación deixou sen cubrir unha praza de mestre.
O salón de actos da Biblioteca Municipal de Vilalba acolleu un debate sobre o futuro do sector agrícola galego, organizado por Economía Digital, a Deputación de Lugo e o Grupo El Progreso. Empresas e expertos defenden a capacidade para competir en Europa.
O Goberno informou á Conferencia Episcopal antes de anunciar a retirada da lei Gallardón, Membros do Executivo estiveron en contacto con Rouco Varela, Ricardo Blázquez e o Vaticano