A Xunta adxudica por 320.000 euros a segunda edición da súa campaña para animar a ter fillos. En 2013 o país tivo o peor saldo vexetativo de todo o Estado e acumula tres décadas con máis mortes que nacementos.
Fálase
Tres mozos denunciados por pintar un mural de homenaxe a Pedro Galán na Coruña, segundo denuncia Galiza Nova. A policía local impediu que se rematase a pintura que homenaxeaba o que fora secretario de organización das Mocidades Galeguistas da Coruña.
O IGADI dedícalle o seu último Igadi Paper ás eleccións presidenciais que se celebran en Brasil o vindeiro domingo. Unha primeira volta dos comicios á que Rousseff e Silva chegan moi igualadas.
Syriza achegaríase á maioría absoluta nunhas hipotéticas eleccións xerais en Grecia. Co 36% dos votos, a coalición de esquerdas superaría en 11 puntos a Nova Democracia, segundo as últimas sondaxes, e podería obter 146 escanos (a cinco da maioría absoluta)
Goberno central e goberno vasco pactan deixar o éuscaro fóra da Lomce. Un acordo entre os executivos permite que a nova lei educativa non se aplique en Euskadi no ámbito da lingua propia e dos consellos escolares.
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación celebrará este martes o Día da tradución cun conxunto de actividades en Vigo
António Costa, alcalde de Lisboa, venceu claramente as eleccións primarias do Partido Socialista portugués, celebradas este domingo, e será o candidato nas eleccións xerais de 2015
Os e as traballadoras galegas teñen a semana laboral máis longa de España, con case 43 horas de media, segundo un informe da Fundación Primero de Mayo. Os e as autónomas traballan ao redor de 49 horas semanais.
Beatriz Martínez Figueroa intervirá este luns no pleno municipal de Vigo para demandar unha lei que ofreza maior protección xurídica e económica aos enfermos de cancro.
Continúan as mobilizacións nas rúas de Hong Kong, con máis de 50 mil mozos e mozas reclamando unha democratización desta cidade chinesa.