Baltar admitiu ante a xuíza que o PP de Ourense recibía doazóns en metálico, segundo figura no novo treito do sumario da Pokémon que xa non é segredo. Nel tamén figura a investigación sobre o patrimonio do alcalde de Lugo, que segundo Vixilancia Aduaneira é menos do declarado polo propio Orozco na súa declaración de bens no Concello. Operación Pokémon
Fálase
A veciñanza de Coia impediu un día máis o inicio das obras de instalación do Alfageme, que o Concello de Vigo insiste en levar a cabo a pesar do rexeitamento do pleno municipal e de que o convenio provincial da construción impide realizar esta actuación ata xaneiro. Veciños e veciñas ocupan a rotonda, continuamente vixilados pola Policía Local, mentres que a Policía Nacional xa anunciou que non intervirá
A pesar de dar marcha atrás nos anunciados peches das plantas da Coruña e Avilés, Alcoa si efectuará "axustes" para reducir custes.
Praza, ao igual que moitas outras webs galegas, experimentou notables problemas de conexión nas últimas horas, por mor do ataque DDOS sufrido por Dinahosting, que vén de solucionarse. Grazas a Dinahosting polo traballo!
Alcoa retira o despedimento colectivo logo da poxa eléctrica que rematou hoxe, segundo varios medios asturianos. Máis información, nuns minutos en Praza.
O Observatorio do Audiovisual Galego responde a través dun comunicado a Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, que a pasada semana xustificou no Parlamento que o ente público non retribuíse os autores e autoras de curtametraxes por facerse cos dereitos de emisión destes traballos.
A asemblea veciñal de Coia alerta de que a Policía Local tenta mover o valado na zona para "impedir" o concerto previsto para rexeitar a colocación do barco na rotonda que, segundo cifras do Concello, custará 100.000 euros.
Rouco Varela favoreceu a seita dos Miguelianos para a súa implantación en Madrid. O Arcebispado recomendou os servizos de Miguel Rosendo para que conseguise un contrato nunha residencia de anciáns.
Numerosas persoas acoden ao Tribunal Superior de Catalunya para "autoinculpárense" tras a querela da Fiscalía contra Artur Mas, a súa vicepresidenta e unha conselleira pola consulta do 9-N. Está a contalo Vilaweb
Xa se pode ler na rede o número 0 da Revista MaOs!, centrada na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial.