O pleno da Deputación de Lugo declara a conselleira de Sanidade "persoa non grata" por "negarlles aos lucenses, reiteradamente, os servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear" no Hospital Lucus Augusti. A declaración foi aprobada por PSdeG e BNG.
Fálase
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, deixa de estar imputado pola tramitación da frustrada moción de censura que un grupo de concelleiros quixo presentar en 2013, abortada pola expulsión do PSdeG de tres deles, o que os converteu en tránsfugas, invalidando o seu voto. No seu escrito o fiscal critica os recorrentes por usar a vía penal para resolver contendas "partidarias"
O reitor da USC, Juan Viaño, subliña que investir en educación e formación "debería ser prioritario". Contesta así ás palabras da secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, que este luns afirmou que o actual sistema universitario é "insostible"
A Plataforma Salvemos Catasós entregoulle máis de 11 mil sinaturas ao Valedor que demandan unha alternativa ao proxecto de construción da liña de alta tensión O Irixo-Lalín que poida evitar a corta indiscriminada de árbores na fraga de Catasós
Este luns constituise a Asociación Galega da Crítica, entidade que quere contribuír á "análise e estudo da produción literaria, cultural e artística do país" e á súa "proxección exterior", establecendo relacións no ámbito ibérico, europeo e atlántico. A súa presidenta é a profesora da USC Chus Nogueira e a secretaria, a profesora da UVigo Isabel Mociño.
O Concello de Noia rexeitou que o vídeo de Enrique Iglesias polo que a Xunta pagou 300.000 euros se gravase nunha igrexa da vila, segundo conta La Voz
#30AnosRadioGalega A Radio Galega celebra hoxe o seu trixésimo aniversario. Parabéns!
A Xunta defende os recortes no xulgado do caso Pokémon mentres o persoal clama contra eles. Recólleo El País
Google dedica o seu doodle de hoxe a Rosalía no 178º aniversario do seu nacemento. #EuSonRosalía
Pemex abandona os seus proxectos en Barreras, malia as promesas da Xunta. Non construirá os buques prometidos, malia que continuará como máximo accionista. Apenas se cumpriu nada daquel acordo entre Goberno galego e petroleira.