Infolibre informa de que Feijóo leva tres anos sen publicar a súa declaración da renda. O presidente publicou en 2013, en pleno escándalo Bárcenas, as súas declaracións de entre 2008 e 2011.

Infolibre informa de que Feijóo leva tres anos sen publicar a súa declaración da renda. O presidente publicou en 2013, en pleno escándalo Bárcenas, as súas declaracións de entre 2008 e 2011.
O PP recupera votos pero segue lonxe da maioría e Podemos cae 2,3 puntos desde xuño. O bipartidismo segue a afianzarse, segundo unha enquisa para eldiario.es que mantén representación do BNG no Congreso.
O Banquete de Conxo chama á "confluencia para unha candidatura nacional galega sen exclusións" tras a xuntanza celebrada este domingo en Compostela. O grupo impulsor convértese en Iniciativa pola Unión. Máis información, nuns minutos en Praza.
Gómez Noya, a un paso do seu quinto Mundial de tríatlon. O galego aproveita a ausencia dos seus principais rivais para gañar con autoridade en Estocolmo.
O Goberno central propón pagar máis polo leite que merca o Estado para regular o mercado. A ministra Tejerina opta por incrementar o importe dos excedentes que adquire a Administración.
O Celta lidera a Liga tras a súa vitoria (1-2) no campo do Levante. O equipo vigués sufriu malia xogar cun home máis desde o minuto 4. O sábado, o Deportivo empatou na casa ante a Real Sociedad (0-0) e en Segunda, o Lugo arrincou un punto en Oviedo (2-2).

As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Lémonos o luns!
A Editorial La Capital despide dúas traballadoras do Diario de Ferrol. O persoal subliña que os despedimentos se producen mentres a empresa "debe dúas nóminas e media extra de 2013". O comité de empresa decidirá o vindeiro luns en "asembleas urxentes" as accións que vai desenvolver. O persoal deste grupo de comunicación sufriu tres ERE nos últimos tres anos.
O sector lácteo mobilízase por segundo día consecutivo noutra masiva tractorada, desta volta en Ordes. A vindeira semana os gandeiros volverán esixir prezos xustos para o leite nas rúas de Sarria e Curtis.