Milleiros de persoas dispóñense xa a participar na Via Lliure de Barcelona, acto central das mobilizacións convocadas co gallo da Diada Nacional de Catalunya. Está a contalo Vilaweb e a Asemblea Nacional Catalana está a emitilo en streaming.
Fálase
O PSOE de Lugo acusa a presidenta da Deputación, Elena Candia (PP), de cobros irregulares. "Tendo unha dedicación exclusiva, que segundo dita a Lei non permite o cobro por outras actividades profesionais, cobrou comisións por facer seguros durante os case 4 anos que foi voceira do PP e polo menos o primeiro mes como presidenta da Deputación", afirman. Os socialistas esixen "dimisión, devolución dos cartos e explicacións". Candia nega as acusacións e acusa os socialistas de teren "mala fe".
Os gandeiros mobilizados en Compostela deciden emprender unha folga de entregas e, ao tempo, participar nos bloqueos á distribución. Está a contalo Campo galego. Máis información, hoxe en Praza.
A CIG-Ensino e a Confederación de ANPAS galegas esixen a Educación garantías de que o alumnado de Bacharelato "non teña que cursar a materia de Relixión en contra da súa vontade". Como informou Praza, o novo currículo forza parte do alumnado a escoller a materia relixiosa para completar a carga horaria esixida.
O xornalista da TVG Alfonso Hermida e a Orquestra Sinfónica de Galicia, entre os galardoados cos Premios Solidarios de ONCE Galicia
Maroto (PP) sentencia que "entre os sirios que entran hai xihadistas que un día poñen unha bomba nas nosas cidades". O responsable sectorial do PP non indica en que se basea para afirmalo. Díxoo nunha entrevista que recolle eldiario.es
Leite Río e Danone pactan prezos do leite por baixo do custo dos gandeiros en plena crise láctea. É unha información revelada por Economía Digital
Comeza a campaña electoral catalá, que na súa primeira xornada está marcada polos actos da Diada. O BNG participou en Barcelona nun acto a prol da independencia. Crónica da pegada de carteis en Vilaweb
Alcaldes de Convergència e PNV apoian a candidatura de Abel Caballero á presidencia da FEMP, segundo publica La Voz