Rajoy confirma que as eleccións xerais serán o 20 de decembro. Vén de ratificalo nunha entrevista en Antena 3.
Fálase
Anova, EU e Podemos presentarán este venres en Compostela o seu preacordo político xunto a "outros axentes necesarios para o proceso de confluencia". Será na praza de Mazarelos nun "acto aberto" ás 18 horas.
O Consello da Xunta aproba a lei de acuicultura, que simplifica os trámites para a instalación de piscifactorías.
O BNG crea un espazo cidadá na web para denunciar as deficiencias do novo hospital de Vigo. Levará as queixas da veciñanza ao Parlamento e estas poderán remitirse a través de whatsapp, correo electrónico e redes sociais.
UPyD tramita no Congreso unha proposta para oficializar por lei topónimos castelanizados en territorios como Galicia, Euskadi e Catalunya. Pódese consultar o texto, defendido pola deputada Rosa Díez, nesta ligazón.
O túnel coruñés da Mariña énchese de pozas por mor das mareas vivas. A controvertida infraestrutura foi inaugurada polo anterior goberno local antes das eleccións. Recólleo La Opinión
Un recurso frea a adxudicación das marcas Deleite e Muuu, da antiga Alimentos Lácteos, a Leite Noso. Recólleo La Voz
A concesionaria do aparcadoiro do hospital de Vigo coloca un bloque de granito nunha leira para tentar impedir o estacionamento de balde, segundo recolle Vigoé
O TSXG anula a concesión da ORA e o guindastre de Santiago, adxudicada na etapa de Conde Roa como alcalde. Recólleo La Voz
Cifran en case 700.000 os vehículos afectados pola fraude de Volkswagen no Estado. Cóntao eldiario.es