Ledicia Costas gaña o Premio Lazarillo coa súa obra Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante, que será publicada por Xerais en 2016. O xurado do premio, concedido pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, destaca que se trata dunha "novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida" e "linguaxe sinxela, pero elaborada". A autora gañou o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o pasado outubro.
Fálase
Uns 70 concellos reúnense esta mañá en Compostela para acordar medidas de impulso ao galego. A CTNL e o Concello organizan o Encontro de Política Lingüística Municipal.
Case 1.200 persoas votaron a favor das candidaturas de En Marea. O 79% dos participantes votaron a favor das listas, o 14% en contra e o 7% en branco, tras participar 1.464 cidadáns. Antón Gómez-Reino, Alexandra Fernández, Miguel Anxo Fernán Vello e David Bruzos encabezarán as listaxes ao Congreso.
IU e Podemos buscan a fórmula para non competir en Galicia e Cataluña polo 20D. Son as únicas dúas autonomías onde as dúas formacións van en coalición malia ter diferentes candidatos á presidencia. Cóntao El País.
Os bancos intentan rebaixar a devolución aos afectados polas preferentes en Galicia. As audiencias provinciais tomban o intento das entidades de frear os pagamentos.
A nai de Alberto Pardo di que ninguén lle confirmou "oficialmente" que o seu fillo estea vivo e que o sabe porque falou con el por teléfono. O mozo galego fora dado por morto nos atentados de París.
Francia ataca Raqqa, a cidade ocupada polo ISIS, tras os atentados de París. Avións de combate lanzaron 20 bombas sobre unha das bases do grupo terrrorista en Siria.
O galego que foi dado por morto tras o masacre de París segue vivo. A súa familia veno de confirmar, logo de que Alberto Pardo o anunciase polas redes sociais. A Moncloa chamara a súa nai para comunicarlle o falecemento.
Xulio Ferreiro recoñece que a creación de En Marea "puido facerse doutro xeito" pero aposta pola unidade. Nunha entrevista na Radio Galega, alcalde da Coruña cre que os actores que debían "impulsar" a lista unitaria, como a Marea Atlántica, tiñan as súas "enerxías" nos gobernos locais, o que "restou forza ao proceso".
Un dos falecidos no atentado de París é galego. Alberto Pardo Touceda foi un dos asasinados na sala de concertos Bataclan e é orixinario de Galicia, segundo conta La Voz.